VIII Noite Efervescente

Astronomía para todos desde a Casa de Rosalía

As Noites Efervescentes son observacións públicas inclusivas do ceo nocturno. Esta VIII edición celebrarémola na Casa de Rosalía de Castro, en Padrón, a noitiña do sábado 25 de xuño. Poderemos ver a onde tería que ter mirado Rosalía para localizar a estrela que agora leva o seu nome.

A Noite Efervescete é una actividade familiar de astronomía para todos na que contamos como anfitrións cos amigos da asociación Amipa de persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Sar. Agardámoste!

Programa da VIII Noite Efervescente na Casa de Rosalía en Padrón:

De 21 a 22 h. Obradoiro de planisferios con Martin Pawley da Agrupación Io.

De 22 a 23 h. Gravación de Efervesciencia. Contaremos coa música ao vivo do pianista Juanjo Fernández, falaremos do Herbario de Rosalía e de ciencia, leremos poesía,…

De 23 a 24:30h Petisco xentiliza de Panadería San José e observación do ceo

A entrada é libre sen necesidade de facer reserva. A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe.

En caso de mal tempo manteremos a actividade sen obsrvación nocturna.

Quen organiza a “Noite Efervescente”?

“Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa “IO”, a Asociación Amipa, a Casa de Rosalía e Panaderías San José.

Anteriores Noites Efervescentes

Escoita as nosas últimas Noites Efervescentes :