VII Noite Efervescente

Astronomía para todos en Castrelo de Miño

A “VII Noite Efervescente” terá lugar no Náutico de Castrelo de Miño o venres 5 de xullo. Desta volta realizaremos a nosa observación inclusiva como actividade paralela do primeiro día do Festival Divulgación.

https://i2.wp.com/divulgaccion.org/wp-content/uploads/2019/07/Cartel_Festival_Divulgaccion_Pantallas-480x676.png?resize=480%2C676

Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Amipa, Aspronaga e ADCOR. Agardámoste!

Programa da VII Noite Efervescente

De 20 a 21 h. Gravación de Efervesciencia.

De 23 a 24 h. Observación pública inclusiva (en paralelo ás charlas do Festival de Divulgacción)

A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe. Pola noite refresca. Recoméndase levar roupa que abrigue.

Quen organiza a “Noite Efervescente”?

“Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO”, e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña. Este ano intégrase no Festival de Divulgacción.

Anteriores Noites Efervescentes

Escoita as nosas últimas Noites Efervescentes :

A %d blogueros les gusta esto: