Mar
3
2016
A todos os estudantes lles terá parecido aburrido aprender un tema novo. Iso é así porque a aprendizaxe é descubrimento pero non aventura. Pero si foi unha aventura a que viviron quen contribuíron a encher os libros que hai que estudar para aprobar os exames
César Milstein, premio nobel de medicina
Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina.
Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicina, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento. Durante a emisión do programa na Radio Galega os compañeiros da Agrupación IO fixéronnos esta recomendación:
@efervesciencia O documental UN FUEGUITO pode verse no canal de Vimeo da produtora @pulpofilms: https://t.co/1mmZbPlxMU
— Agrupación Ío (@agrupacionio) 28 febreiro 2016
No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.
Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto. Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.
Completa este programa a presentación en primicia que nos fixo Deborah García Bello do seu libro “Todo es cuestión de química”.