Efer 312 (25-1-15): Probabilidades e volcáns

A tentación de elucubrar teorías prematuras baseadas en datos insuficientes é a ruína da nosa profesión.

Sherlock Holmes en “O val do temor” de A. Conan Doyle

 

Rosa Sobradelo no Etna

 

A Rosa Sobradelo sempre lle apaixonaron as matemáticas… e as ciencias da terra. Antes de conseguir o seu sono esta rianxeira fixo empresariais, estudou matemáticas en New York, traballou de bioestatística nun hospital, en Wall Street para JP Morgan Chase,… Ata que asentou en Londres onde é investigadora do Departamento de Ciencias da Terra no University College de Londres. Alí aplica os seus coñecementos matemáticos á vulcanoloxía, creando modelos de perigosidade e risco que axuden a tomar decisións en caso de erupcións, como a da Illa de El Hierro nas Canarias.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-Rosa-Sobradelo-Def.mp3]

Descarga a entrevista a Rosa Sobradelo

“Antimateria, magia y poesía” de Andrés Gomberoff e José Edelstein é unha xoia literaria e da divulgación científica. Unha obra fácil de ler, moi ben tramada e documentada, e sobre todo moi orixinal. Este libro inaugura por todo o alto a Biblioteca de Divulgación da USC que dirixen Jorge Mira e Francisco Díaz-Fierros. Esta foi a conversa que tivemos con José Edelstein.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Edelstein-Antimateria-maxia-poesía-+-despedida.mp3]

Conversa con Edelstein Antimateria, Maxia e Poesía

Uxía, Mira e Edelstein na presentación do libro na librería Couceiro

 

.

Se a xente non vai ao museo de ciencia, é o museo de ciencia quen vai onda está a xente. Con esta filosofía os enxeñeiros industriais María José Gil Collazo e Jesús Fernández Alonso veñen de crear “Ciencia en movimiento” un museo da ciencia interactivo e portátil que se monta e desmonta nunha hora.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Ciencia-en-movemeno-def.mp3]

Ciencia en Movemento

Compártenos nas redes, escóitanos, descárganos, recoméndanos,… Velaquí tes o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Efer-312-25-1-14.mp3]

Efer 312 (25-1-14)