Efer 287 (31-5-14): O viño e o 3-D barroco

As ideas, ao igual cas uvas, medran en acios

William Irwin Thompson

As follas de vide esculpidas en madeira dos retablos barrocos pódense estudiar coa mesma metodoloxia que as follas reais. Isto foi o que fixeron os ampelógrafos do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC) tras anos de traballo. Para contar a fascinante  historia de como se realizou esta investigación os de Efervesciencia montamos o noso laboratorio portátil na igrexa de San Vicente de Pinol en Sober, na Ribeira Sacra.

Nesta edición especial conversamos de viños, ciencia e arte con Carmen Martínez, José Luis Santiago e Pilar Gago da MBG, co enólogo José Enrique Pérez, co adegueiro Evaristo Rodríguez e con Lucía Pereira do grupo de Estudos Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar programa 287 (31-5-14)

 

 

Programa 222 (27-10-12): In vino veritas

Se lle explicas a un camareiro o que estas a facer como científico e non o entende, o pobre non é o camareiro, senón o que estas facendo

Ernst Rutherford

 

Terremoto de 2009 na L`Aquila

A madrugada do 6 de abril de 2009 un terremoto de magnitude 6,3 destruía a cidade italiana de L´Aquila e deixaba mais de 300 mortos. O pasado luns un tribunal condenaba a 6 anos de cárcere a 6 expertos da Comisión Nacional para a Previsión e Prevención de Riscos Maiores, e ao portavoz de protección civil nesa comisión. Unha sentenza que semella difícil de entender, pero que esta relacionada coa comunicación dos riscos. O fiscal demostrou que 29 dos mortos expresaran a súa intención de fuxir de L´Aquila pero que non o fixeron polas mensaxes tranquilizadoras dos expertos transmitidos pola televisión. Para debullar este asunto contamos con Francisco Anguita, un recoñecido xeólogo e mestre de xeólogos, actualmente xubilado,  da Universidade Complutense de Madrid.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.


Entrevista a Francisco Anguita

 

Carmen Martínez na Radio Galega

Cando se vende unha botella de viño, por exemplo de albariño, estase a vender algo mais que o líquido do seu interior. Un viño pode ser imitado, toda a cultura que o arroupa non. Isto ben o sabe Carmen Martínez, directora do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia – CSIC. Carmen ten traballado como unha “arqueóloga” da vide pescudando clons centenarios anteriores á filoxera con características excepcionais. Ten clasificado variedades por toda Galicia e Asturias, e patentado lévedos para industria vitivinícola. Tamén conversamos con Emilio Rodríguez Canas, director técnico das bodegas Terras Gauda que veñen de por en marcha un proxecto de cultura científica en torno ao viño en colaboración co CSIC.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Entrevista a Carmen Martínez

 

Entrevista de Edelstein a Higgs publicada en La Tercera El Semanal

José Edelstein, profesor do departamento de Física de Partículas da USC, ven de gañar na categoria de prensa escrita o II Certame FECYT de Comunicación Científica. En “Antimateria, Magia y Poesía” Edelstein relata como a pescuda da beleza – matemática – leva a Paul Dirac a predecir unha partícula inesperada. Unha historia que ten moitos paralelismos coa de Peter Higgs. Edelstein aproveita para contarnos como foi a entrañable entrevista que tivo en Edimburgo  co pai do – agora – bosón mais popular.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Entrevista Edelstein

 

Autorretrato de Curiosity (Fonte NASA)

Un dos laboratorios químicos mais sofisticados está a varias ducias de  millóns de quilómetros da terra. Grazas a Wicho coñecemos que pinta Curiosity en Marte.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Wicherías Curiosity

 

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar programa enteiro

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.