Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan unha barbaridade co CRISPR

En ciencia, o recoñecemento concédeselle ó home que convence ó mundo, non a aquel se lle ocorre a idea

William Osler

O primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia é un monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con Deborah García Bello, Borja Tosar, Bibiana García Visos e César Goldi. Risas e cantos nun programa irreproducible (non o dicimos por dicir, a explicación vai dentro).

Francisco Mójica (Foto: Roberto Ruiz. Taller Imaxe Universidade de Alacante)

Francisco Mójica (Foto: Roberto Ruiz)

A idea deste repaso do 2015 é recoñecer tamén as persoas que están atrás dos descubrimentos. Este é o caso de Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante con quen temos o gusto de conversar. Mójica tivo un papel relevante na técnica CRISPR ao identificar estas secuencias primeiro en en procariotas. De feito foi el quen lle puxo este nome. Grazas ao seu traballo pioneiro en ciencia básica agora os laboratorios de todo o mundo poden editar o xenoma en cultivos e en vivo de xeito preciso, rápido e barato. Laboratorios como o  CICLOn do investigador do CIMUS Anxo Vidal. O CRISPR-Cas9 desenvolvido por Jenifer Doudna e Emmanuelle Charpentier foi recoñecido por Science como o achado do ano, e todo apunta a que se pode converter nunha revolución científica e social. Atentos ao Nóbel. Aquí tedes a entrevista.


 

Agora a Avoa de Einstein xe sabe o que son as “Repeticións palindrómicas curtas agrupadas e regularmente espazadas”. Velaquí o programa íntegro para escoitar e compartir.

Efer 308 (28-12-14): O mellor do 2014 e unha brincadeira

Tres Catro motivos para escoitar o programa mais falcatrueiro de toda a tempada efervescente:

1.- Porque facemos un repaso da mellor ciencia do ano cos nosos incribles colaboradores: Martin Pawley, Irene Baspino, César Goldi, Wicho, Bibiana García Visos, Déborah García Bello e Borja Tosar.

2.- Para  atopar a #trolacientífica que sutilmente camuflamos entre o mellor do ano. Escríbenos ao twitter con hastag #trolacientífica ou no muro do facebook. Entre os que a atopedes, se os hai, sortearemos o discazo “Método Cardiofónico” de Germán Díaz.

3.- Para escoitar cantar a @wicho “La verbena de la Paloma” algo que consegimos logo de 4 anos de insistencia.

4.- Para saber da man de Fernando Aguado, director da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, cales van ser os novos nanosatélites galegos. O  primeiro SERPENS vai ser lanzado este ano desde o módulo xaponés Estación Espacial Internacional.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Entrevista a Fernando Aguado

 

Velaquí está o programa completo empaquetado de agasallo para escoitar, compartir, regalar, descargar,… (ollo coa #trolacientífica):

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Efer 308 (28-12-14)Nadal

.

 

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.