Mar
1
2015
Unha profesión pouco coñecida é a de enxeñeiro de minas. Seguro que levas algunha sorpresa ao coñecer o que fan estes enxeñeiros. Conversamos con Benito Vázquez, director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.
Un dos intereses de Vázquez é que o ensino das ciencias sexa mais práctico e manipulativo. Proba disto é o proxecto de innovación educativa Clickonphysics. Deste xeito proponnos un experimento caseiro: Comprobar as leis de newton lanzando un ovo contra unha saba con todas as nosas forzas. Colga no noso facebook o teu vídeo antes do 7 de abril e participarás no sorteo dun libro de divulgación científica.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entrevista-Benito-Vázquez-def.mp3].”En
En “Agora si Portugal” o polifacético divulgador David Marçal preséntanos o seu libro de peto “Pseudociencia“. Esta é unha sección que facemos en colaboración coa asociación Viver a Ciencia.
Agora si Portugal Pseudociencia
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Agora-si-Portugal-pseudociencia.mp3].
Resetea é un empresa innovadora que comercializa un kit de autocultivo de setas sobre pousos de café. Este é o seu primeiro proxecto, pero queren ir mais alá.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Innovando-Resetea-def.mp3]
Luisa Martínez da Unidade de Cultura Científica do CSIC-Galicia preséntanos as actividades que van desenvolver no XVI Salón do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Salón-do-libro-15-CSIC-def.mp3].
Descarga, escoita e comparte nas redes o programa íntegro
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Efer-317-1-3-15.mp3]