Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante

Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico?

O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.

 

Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba

A web “Ceos Galegos” de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.


As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias?

O grupo de física non lineal da USC creou un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. A novidade neste caso é que se engade a variable da interconectividade mediante as redes sociais.
Os resultados publicados en Royal Society Science Open apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes sociais axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.

Efer 340 (31-1-16): Courel das alaranxadas xanzás

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

Uxío Novoneyra

 

_SAM4856

 

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 6% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica?

Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián.

 

Xanzá (Foto: José L. M. Villa Guía de las plantas del Courel)

Xanzá (Foto: José L. M. Villa)

 

 

 

 

A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é alaranxada en vez de amarela, por que?

 

 

 

 

 

 

Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.

.

.

:

Inés Gaportada axenda 2016 copyrcía Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente unha emisión de Efervesciencia estivo na orixe da idea …


_usr1998.

.

Blanca Laffon, profesora de Psicolobiolxía da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores sénior.

Completa esta edición efervescente esta entrevista ao catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo onde debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.