Xan
22
2018
Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico?
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba
A web “Ceos Galegos” de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.
As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias?
O grupo de física non lineal da USC creou un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. A novidade neste caso é que se engade a variable da interconectividade mediante as redes sociais.
Os resultados publicados en Royal Society Science Open apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes sociais axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.