XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Desde a fabricación artesanal dunha zanfona ata as impresoras 3D, pasando por experiencias de iniciación á robótica en educación infantil.  Asistimos ás XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organizadas pola Asociación  do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA).

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/APETEGA-VIGO-13-DEF1.mp3]

Descarga audio Xornadas de Tecnoloxía

[pe2-gallery album=”http://picasaweb.google.com/data/feed/base/user/102483217841843822552/albumid/5896823452289352705?alt=rss&hl=en_US&kind=photo” ]

 

 

Efer 250 (22-6-13): Vivimos na terceira revolución industrial

Hai que derrubar as barreiras do pensamento dualista que impiden entender realmente o que é a tecnoloxía, non é unha explotación da natureza, senón unha fusión desta e o espírito humano nun novo tipo de creación que transcende a ambos

Zen e a arte do mantemento da motocicleta (Robert Pirsig)

 


Eva Rodríguez de SINC conversa co astrofísico do observatorio Ramón María Aller da USC Vakhtang Tamazian. Tamazian ven de asinar un artigo científico no que dan conta dunha estrela fulturante que umenta 15 veces o seu brillo en menos de 3 minutos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/sinc-fulgurantes-def.mp3]

Entre SINC fulgurantes

 

José Manuel Sanjurjo (Foto RAI)

A Plataforma de Innovación Tecnolóxica Euro-Case que agrupa a 21 academias de enxeñaría europeas ven de presentar un informe promovido por José Manuel Sanjurjo para instar ás autoridade europeas a fomentar unha nova reindustrialización. Conversamos amplamente con Sanjurjo – vicealmirante retirado e  membro da Real Academia de Ingeniería – sobre neuronas, bits e voltios, e de por que ceder a produción industrial a países como China ten sido un gran erro estratéxico.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/entre-juan-manuel-sanjurjo-def.mp3]

Entrevista a  José Manuel Sanjurjo

 

Sen a estatística o mundo actual sería moi diferente, para recoñecer a importancia desta disciplina científica este ano 2013 estamos a celebrar o Ano Internacional da Estatística. Así esta semana entregáronse os premios escolares do “III concurso incubadora de sondaxes e experimentos” organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con Educabarrié, a canle educativa da Fundación Barrié. Os gañadores buscaron reposta a preguntas tan suxestivas como ¿quen planta lume ao monte?  ou ¿almorzan correctamente os escolares?

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/micro-barrie-sgapeio-13-def.mp3]

Descarga III Concurso de Incubadora de Sondaxes

 .

Completa esta edición efervescente esta reportaxe sobre as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organzadas por APETEGA.

  .

Velaquí o podcast do programa íntegro

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/efer-250-22-6-13.mp3]

Efer 250 (22-6-13)

Efer 236 (9-3-13): Para que serven as aves?

Eu, poeta /popular, provinciano, paxareiro

fun polo mundo buscando a vida /paxaro a paxaro coñecín a terra

Pablo Neruda

Garceta na Ría do Burgo (Foto: Xacobo de Toro Cacharrón)

Mil e unha historias, paxaros, paxareiros e paisaxes. Todo isto e mais é o libro “¿Para qué siven las aves?”  (Tundra, 2012) de Antonio Sandoval. Un libro delicioso  no que ao longo das súas páxinas, mentres o autor recorre a costa da Coruña e a súa propia historia como ornitólogo, nos imos namorando – case sen decatarnos – das aves e do patrimonio natural. Unímonos aos merecidos eloxios que esta obra está a recibir.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-SANDOVAL-def.mp3]

Entrevista a Sandoval

 

 

A nova desta semana ilústranos como a investigación científica dá respostas prácticas e simples a problemas reais. Problemas reais como por exemplo a preocupación dos armadores de pesca do porto de Vigo de como alongar a vida útil en bodega do peixe capturado no Gran Sol. Cóntanolo Santiago Aubourg, profesor de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC de Vigo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-santiago-aubourg.mp3]

Entrevista Santiago Aubourg

 

Jorge Mira, A. J. Leggett e Manuel Vázquez Ramallo (Foto USC)

Esta semana tivo lugar en Compostela a inauguración da VII edición do Programa ConCiencia promovido pola USC e o Consorcio da Cidade co financiamento da FECYT.

Coa presenza do nobel de física Anthony James Leggett son xa 30 os galardoados con este premio que visitaron Santiago ó abeiro do programa de divulgación ConCiencia que dirixe o catedrático de electromagnetismo Jorge Mira.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-1.mp3]

 Legget 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-2.mp3]

Legget 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-3.mp3]

Legget 3

 

Complementa esta edición efevescente unha nova postal planetaria de Borja Tosar dedicada ao sexo no espazo. Velaquí podes escoitar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-236-9-3-13.mp3]

Descargar programa 236 completo

 

Programa 224 (17-11-12): Vacinas? Si grazas!

A quen pertence a patente desta vacina? Pois eu coido que á xente. Non hai patente. Podería vostede patentar o sol?

Jonas Salk

A nova da semana lévanos ó Instituto de Neurolóxico Barrow en Fenix, Estados Unidos, onde un equipo de investigación capitaneado por Stephen Macknik ven de publicar o pasado luns un orixinal traballo na revista PNAS. Esta investigación tamén está asinada por tres galegos, Susana Martínez-Conde, Héctor Rieiro e José Luis Pardo, con quen conversamos.

(Ollo: Laurin Guadiana na Wikimedia CC-BY-SA_2.5, Gráfico: PNAS)

Desde hai 100 anos sábese que a percepción do contraste, do brillo, depende da duración do estímulo. Así por exemplo, unha imaxe flasheada por so 5 milisefundos percíbese a metade de brillante ca outra idéntica que se amose o dobre de tempo, 10 milisegundos.

Segundo a chamada Lei de Bloch, isto é así: a maior duración do estimulo maior percepción; ata chegar ós 100-150 milis, momento no que por moito que se aumente a duración do estimulo a percepción segue constante.

 Ata aquí a cousa semella fácil, pero o asunto é un chisco mais enleado. Na bibliografía constátase que unha parte dos investigadores que abordaron este problema atoparon unha reposta un tanto distinta. No chamado efecto Broca-Sulzer a percepción do contraste tamén aumenta inicialmente coa duración, pero neste caso alcanza un pico intenso entorno ós 60 milisegundos para logo descender e estabilizarse como acontece na Lei de Bloch.

Lei de Blok ou efecto de Broca-Sulzer? A cuestión pode parecer unha sutileza caprichosa dos expertos, pero non o é. Se se demostrase que na nosa visión existe un pico de percepción do contraste no tempo, poderíamos sincronizar o pestanexo, o chamado refresco, das luces artificiais e as pantallas de visualización, á nosa dinámica de percepción visual óptima, e deste xeito mellorar o consumo enerxético destes aparatos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Jose-Luis-Pardo-Efecto-Broca-Sulzer1.mp3]

Efecto Broca-Sulzer vs Lei de Bloch con José Luis Pard0

 

“Non vacinar a un fillo pode ser equivalente ao maltrato infantil” Federico Martinón

O sarampelo é moi contaxioso. De cada 20 afectados 1 contrae unha pneumonía, de cada 2000 doentes 1 contrae unha encefalite, e de cada 3000 enfermos 1 morre. Con poboación vacinada os riscos cambian – nunca son cero – a  1 caso de encefalite o reacción alérxica grave de cada 1 000 000.  A conclusións son claras, non si?

Federico Martinón, médico adxunto da Área de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago contéstanos a todo aquilo que sempre quixemos saber sobre as vacinas.  Na entrevista tamén contamos cos organizadores de Escépticos no Pub – Compostela, Manuel Collado e Pepe Facal do IES Lamas de Abade, e cunha pequena sorpresa familiar…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Entre-Federico-Martinón-def1.mp3]

Entrevista a Federico Martinón

 

O coñecido informe Pisa avalía competencias do alumnado e non meros coñecementos. Unha ferramenta educativa moi potente de traballo en competencias é a materia de Tecnoloxía que leva mais de 20 anos incorporada no currículo dos escolares. No entanto o anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) vén de cuestionar a importancia das diferentes Tecnoloxías. Conversamos con Jorge Gómez e Pedro Gerpe de Apetega.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Tecnoloxía-LOMCE-e-FINAL1.mp3]

A Tecnoloxía na LOMCE

 

Velaquí o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Efer-224-17-11-121.mp3]

Programa 224 completo