Efer 480 (28-5-19): Que facemos mal e ben no TDAH

Un artigo do neuroanatomista Marco Catani e o historiador da medicina Paolo Mazzarello publicado na revista de neuroloxía Brain propón que Leonardo da Vinci sería hoxe diagnosticado como unha persoa con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade, TDAH.

Conversamos co doutor en psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna sobre esta síndrome. Por que apenas se diagnostican casos en Francia e pola contra en Estados Unidos afecta a un de cada 5 nenos? Inflúe o mes de nacemento? Como se xestiona en nenos? E en adultos?

O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía “Adegas da Memoria”. No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.

Fran Núñez de Limiar Teatro cóntanos a experiencia de xirar durante todo un anos por toda España a obra “Eu tamén son Leonardo”

Efer 337 (18-7-15): Especial Romaría Vikinga

Os parentes morren, un morre tamén, os deuses e mailas riquezas morren, pero o que nunca morre é a reputación que un gaña co seu traballo e esforzo

Hávamál, Edda Maior

Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Entre-Jorge-Simón-Izquierdo.mp3]

Entre Jorge Simón Izquierdo

 

Os nosos estreleiros, Irene Baspino e Martin Pawley, cóntannos como se cre que se orientaban os viquingos os días sen sol.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Guia-do-ceo-sólarsteinn.mp3]

Guía do Ceo sólarsteinn

Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais e Borja Tosar explícanos que pintan os viquingos en Marte.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Bibiana-Manancial-Lombas.mp3]

Ciencia para andar por casa Augas Minerais

Manuel Isorna vén de publicar un manual sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) en Andavira. Chama poderosamente a atención que a posibilidade de ser diagnosticado con este trastorno depende do mes de nacemento.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/Entre-Manuel-Isorna-TDAH.mp3]

Conversa con Manuel Isorna TDAH

E así tamén poñemos final á oitava tempada en antena na Radio Galega de Efervesciencia. Grazas os que confiaron en nós, os compañeiros técnicos, os mil investigadores que pasaron polos nosos micros nestes 337 programas e o equipazo de colaboradores de Efervesciencia. E sobre todo, o mais importantes, mil grazas os que nos escoitades semana a semana. Ata mais ver, ou mellor dito, ata mais escoitarnos.

Aquí tes o programa completo ao teu dispor:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/EFERVESCIENCIA-18_07_15.mp3]

Descargar Efer 337  (18-7-15)