Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico

Bernardo Herradón vs Walter White

Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20)

O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45).

Os ollos vagos necesitan mirar ao ceo

José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo… (35:20).

Os 4 novisimos elementos da táboa períodica

 

Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos. Atención ás diferentes versións da canción dos elementos.

Nova-Táboa-Periódica

Efer 340 (31-1-16): Courel das alaranxadas xanzás

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

Uxío Novoneyra

 

_SAM4856

 

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 6% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica?

Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián.

 

Xanzá (Foto: José L. M. Villa Guía de las plantas del Courel)

Xanzá (Foto: José L. M. Villa)

 

 

 

 

A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é alaranxada en vez de amarela, por que?

 

 

 

 

 

 

Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.

.

.

:

Inés Gaportada axenda 2016 copyrcía Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente unha emisión de Efervesciencia estivo na orixe da idea …


_usr1998.

.

Blanca Laffon, profesora de Psicolobiolxía da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores sénior.

Completa esta edición efervescente esta entrevista ao catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo onde debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.