Efer 315 (15-2-15): Viaxe ao fondo dos ollos

As cores dependen da luz que un ve

James Joyce

Efervesciencia é entidade colaboradora do IYL2015 en Galicia

.

Cando ollamos o fondo do ollo, a retina, estamos a ver a única parte do noso sistema nervioso que ten acceso directo ao exterior.  O investigador da USC Justo Arines deseña técnicas optométricas para poder ver con extrema nitidez no fondo do ollo. Algunhas destas tecnoloxías son semellantes as que teñen as cámaras mais modernas dos móbiles. Con Justo conversamos sobre Ciencias da Visión, láseres, lentes de contacto, depilación,… Tamén contamos con catedrático de Óptica da Universidade de Vigo Humberto Michinel que nos presenta as actividades e concursos do Ano Internacional da Luz en Galicia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Justo-Arines-def.mp3|titles=Entre Justo Arines def]

Entrevista Justo Arines con Humberto Michinel

.

.

Codealó son uns obradoiros didácticos de Educabarrié, a canle educativa da Fundación Barrié, para fomentar vocacións científico-técnicas a través da aprendizaxe da programación.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Micro-Barrie-Coedalo-def.mp3]

Educabarrié Codealó

.

A Wicho non se lle caen os aneis á hora de repasar a actualidade aeroespacial:

Wicherias febreiro 15

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Wicherias-febreiro-15-def.mp3|titles=Wicherias febreiro 15 def]

Representación artística dos aneis de J1407b (Ron Miller)

Velaquí o programa empaquetado completo listo para ser escoitado, compartido e descargado

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-315-15-2-15.mp3]

Efer 315 (15-2-15)

 

Efer 269 (11-1-04): No berce dos nanosatélites

As ideas tolas so chegan a ser brillantes cando se traballan

Jordi Puig

Tres Cubsats lanzados desde o brazo robótico Kibo da Estación Espacial Internacional en novembro de 2013

E isto foi o que fixo Jordi Puig en 1999. Daquela o paradigma da industria aeroespacial era investir millóns de dólares en crear satélites de toneladas de peso. Pero este enxeñeiro afincado no Cal Poly – A Universidade Politécnica do Estado de California – pensou en facer nanosatélites de baixo custo de menos dun quilo empregando como man de obra equipos reducidos de universitarios, sen experiencia pero entusiastas.

E así naceron os Cubesat. De feito, os dous satélites galegos XatCobeo e Humsat que neste intre orbitan ó redor do noso planeta seguen este estándar. O Cal Poly é o berce dos nanosatélites, e alí traballa como investigador de postdoutoramento Ricardo Tubío grazas a unha bolsa Barrié.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/ENTRE-RICARDO-TUBIO-def.mp3]

Entrevista a Ricardo Tubío

Ricardo Tubio

A Vinganza de Moctezuma en México, a Maldición do Faraón en Exipto, ou a Dama de Delhi en India obrigan aos viaxieiros occidentais a non separarse do váter por uns días. E todo porque ás bacterias dos nosos intestinos non lles gusta moito viaxar, como nos conta Esteban Fernández Moreira no seu Circo de Bacterias.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/CIRCO-DE-BACTERIAS-DEF-MOCTEZUMA.mp3]

A vinganza de Moctezuma no Circo de Bacterias

Wicho lévanos de viaxe espacial con Rosseta e Gaia, pero coido temos turbulencias solares…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/WICHO-GAIA-ROSETA-SOL.mp3]

Wicherias de paseo con Rosseta e Gaia

Nesta edición efervescente tamén estreamos sección dedicada a ciencia e a divulgación en Portugal. Velaquí tes o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/efer-269-11-1-14.mp3]

Descargar progama completo Efer 269 (11-1-14)