Efer 380 (15-1-17): Os inventos máis enxeñosos e baratos

As revolucións da papelfugadora

f1

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.

 

Unha cafeteira Nespresso,tecnlxía punta para investigar solos

Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.

 

Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas.

Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental “Esquece Monelos“, cóntanos como unha cidade pode engulir un río.

 

A vacina do Ébola é eficaz. Agora quen a fabrica?

A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?

Programa 129 (12-4-09): Eu robot

Se consideramos o seu peso, as bacterias son os organismos mais abundantes no mundo. Un investigador que traballa día a día con estes bichos é Esteban Fernandez Moreiras, con el imos iniciar unha sección que se nos antollou chamar Circo de Bacterias. Moreiras é investigador do Programa Parga Pondal no Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña, INIBIC, que ten a súa sede no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A primeira reflexión de Circo de Bacterias xurdiu dun vídeo que circula por internet.


Os símbolos teñen gran importancia na natureza.

Como serán os robots de aquí a 10, 15 anos? Serán os nosos asistentes do fogar, os nosos compañeiros, os nosos amigos? Coidarán dos enfermos, irán á guerra por nós, liberanránnos de traballo ou nos mandarán ao paro? Cambiarán a nosa vida, a sociedade ou mesmo a nosa definición como especie? Conversamos con profesor de socioloxía da UNED Antonio López Peláez autor dun completo estudo de prospección sobre o impacto dos robots na sociedade do futuro.

Os títulos das teses de doutoramento adoitan ser inintelixebles para os profanos. Este non é o caso de Rosa Devesa, que acaba de ler na USC a súa tese “Os sedimentos como rexistros de contaminación no río Anllóns”.

Programa 130 (12-4-09)

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.