Xuñ
3
2014
As ideas, ao igual cas uvas, medran en acios
William Irwin Thompson
As follas de vide esculpidas en madeira dos retablos barrocos pódense estudiar coa mesma metodoloxia que as follas reais. Isto foi o que fixeron os ampelógrafos do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (MBG-CSIC) tras anos de traballo. Para contar a fascinante historia de como se realizou esta investigación os de Efervesciencia montamos o noso laboratorio portátil na igrexa de San Vicente de Pinol en Sober, na Ribeira Sacra.
Nesta edición especial conversamos de viños, ciencia e arte con Carmen Martínez, José Luis Santiago e Pilar Gago da MBG, co enólogo José Enrique Pérez, co adegueiro Evaristo Rodríguez e con Lucía Pereira do grupo de Estudos Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/06/efer-287-31-5-14.mp3]Descargar programa 287 (31-5-14)