Feb
5
2013
Sempre suspiramos por visións de beleza, sempre soñamos mundos descoñecidos
Máximo Gorki
A pasada semana soubemos que un equipo xaponés dirixido por Tsunemi Kubodera foi quen de filmar para Discovery Channel e por primeira vez na historia a unha lura xigante viva no seu medio. Beleza en estado puro no descoñecido mundo das profundidades abisais.
Conversamos co teutólogo Ángel Guerra, Profesor de Investigación no CSIC-IIM, é un dos máximos especialistas mundiais no Architeuthis dux, a lura xigante. Unha viaxe fascinante ao incrible mundo dos cefalópodos e o seu rei indiscutible.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/entre-lura-xigante-def.mp3]Entre lura xigante con Ánguel Guerra
En Galicia temos empresas que están deseñando o seus propios prototipos de turbinas para explotar as correntes mariñas, é o caso de Resolve Enerxía.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/INNOVANDO-RESOLVER-RENOVABLES-DEF.mp3]
Nesta edición efervescente tamén coñecemos o incrible caso dun rotífero que leva 80 millóns de anos sen sexo (1 e 2). Non podía ser noutro sitio que no Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/circo-rotíferos-def.mp3]
Completa o programa un experimento de ovos. Podes escoitalo integramente aquí:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/efer-233-19-1-13.mp3]