Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura

 

Non mires con receo o meu ensino ó veres que cos ollos non podemos descubrilos principios das cousas: non entanto, é preciso que confeses que hai corpos que os ollos non perciben (Lucrecio, visto en “El ojo desnudo”)

 

Datos xenómicos seguros?

Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.

 

Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda

Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos. O primeiro capítulo está aquí.

“El ojo desnudo” desde unha cámara escura

Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro “El ojo desnudo“. A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas que nos sirve para facer o concurso “Un libro, un autor, un lugar”. A solución está aquí.

Efer 330 (31-5-15): Delicuescencia

O investimento mais importante que se debe facer en ciencia é na xente e nos novos científicos

Claude Cohen-Tannoudji

Dávila facendo medicións nun lago xeado (foto Dale Andersen)

Alfonso Fernández Dávila é astrobiólogo no Instituto SETI. e no Nasa Ames Research Centre.  Na súa investigación estuda as condicións de habitabilidade nos vales secos da Antártida ou no deserto de Atacama, o lugar mais seco da terra. Curiosamente en Atacama os microorganismos aparecen no lugar menos esperado, no sal. Completamos a nosa conversa con Luis Gago, profesor do Departamento de Xeociencias Mariñas da Universidade de Vigo, que reflexiona por qué a NASA non busca a vida extraplanetaria directamente. Tamén nos achegamos aos obradoiros do  laboratorio portátil do Centro de Astrobioloxía (INTA-CSIC) en Cangas dentro do Proxecto Ciudad Ciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Entre-Alfonso-Dávila-e-Luis-Gago-def.mp3|titles=Entre Alfonso Dávila e Luis Gago def]

Astrobioloxía con Alfonso F. Dávila e Luis Gago

Simulación do criomagmatismo de Éncelado feita en Cangas polo CAB

.

O nobel Claude Cohen-Tanoudji estivo en Santiago invitado polo programa Conciencia da USC. Deste xeito explicou en rolda de prensa coa tradución simultánea de Jorge Mira, o fundamento das súas investigacións en enfriamento de átomos con láser:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Intro-330-Claude-Tanoudji.mp3]

Introducción Cohen-Tanoudji

 

Un dos temas que preocupa á xente é o medio ambiente e a enerxía, pero cantas veces se ten consultado a cidadanía para saber o que opina sobre estas cuestións? O proxecto World Wide Views reúne a 6000 cidadáns en 60 países pra coñecer a súa opinión sobre os temas que centrarán as negociacións da vindeira conferencia das Nacións Unidas sobre o cambio climático de Paris. Conversamos con Adelina Pastor.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/WWVIEW-ADELINA-PASTOR-DEF.mp3]

WWV Adelina Pastor

.

E esta é unha nova entrega da serie dedicada á Rede Galega de Biomateriais con José Ramón Caeiro, xefe de servicio de cirurxía ortopédica e traumatoloxía do CHUS.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Rede-Biomateriais-5-Caeiro.mp3]

Rede Biomateriais 5

.

Na nosa Guía do Ceo rememoramos os 25 anos da Casa das Ciencias:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/06/Guía-ceo-maio-15-def.mp3]

Guía o Ceo maio 15

 

Velaquí tes o programa integro para escoitar só ou en boa compaña.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/EFEFVESCIENCIA-31_5_15.mp3]

Efer 330 (31-5-15)