Efer 357: Células nai xa curan a túa mascota

As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras.

 

Buda, a lúa e o sesgo de publicación. Mais información nestas referencias: 1 e 2.

 

Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sánchez cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!

 

Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o profesor de investigación Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.