Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais

Que estraña cousa o coñecemento. Unha vez que penetrou na mente, aférrase a ela como a hedra á rocha!

Frankenstein de Mary Shelley

Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3º xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais.

Velaquí o programa completo listo para escoitar, descargar, compartir,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/06/EFERVESCIENCIA-07_06_15.mp3]

Descarga Efer 331

Rede Galega Biomateriais 2: Sulfuro de hidróxeno para a artrose

No Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular do Inhibic están a estudar os mecanismos polos que o sulfuro de hidróxeno é beneficioso para as doenzas reumáticas. O cheiro característico das augas de moitos balnearios galegos provén deste composto. A idea é desenvolver na Rede Galega de Biomateriais substancias reabsorbibles para administrar este principio activo. Nolo conta a investigadora de postdoutoramento Elena Fernández Burguera.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Rede-Galega-de-Biomateriais-2-def.mp3]

Descargar Rede Galega de Biomateriais 2

Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular