Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos

Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias.

  1. As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44)
  2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40)
  3. Detección de contaminantes emerxentes procedentes de produtos cosméticos. Con María Celeiro (USC), mención honorífica investigadores sénior Premio RAGC (32:23)
  4. En álxebra tamén se investiga con Xavier García, mención honorífica investigadores mozos Premio RAGC (37:06)
  5. Nobel aos mecanismos de adaptación ao osíxeno das células con José A. Costoya (CIMUS) (40:37)
  6. 0 P107, un elo feble para atacar á obesidade? Con Juan Cuñaro (USC), premio investigadores mozos RAGC (47:14)

Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras

Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Coñecemos as súas investigacións e aventuras nas illas Svalbard e a importancia de comunicar ciencia aos mais pequenos.

 

Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb, chamado a ser o substituto do Hubble.

 

Recreamos o descubrimento do cristal laminado de seguridade por Édouard Bénédictus en 1903 froito dun achado por serendipia.

 

Conversamos cos gañadores do Premio de Transferencia de Tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias. A modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. José María González Pardo e o seu conselleiro delegado.

O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que recibiu o premio da RAGC na modalidade de Grupos de Investigación.