Efer 376 (18-12-16): Radio-actividade no estudo

Conversamos cos participantes no “6º Obradoiro comunicar ciencia na radio” que organiza Efervesciencia. Unha interacción na ondas entre unha bióloga, unha avogada, unha psicóloga, un científica do mar, unha formadora e un biólogo.

 

O videoxogo que analiza a túa empatía facial

Co psiquiatra Alejandro García Caballero saberemos como un videoxogo pode axudar a expresar emocións a pacientes con esquizofrenia para mellorar as súas habilidades sociais.

 

Como evitar que cada ano che toque o mesmo amigo invisible

Co enxeñeiro de telecomunicación da Universidade de Vigo Martín López Lores explicamos porqué todos os anos che toca regalar á mesma persoa no amigo invisible.

 

Catro xogos de tecnoloxía creativa para este nadal

David Ballesteros recoméndanos catro xoguetes tecnolóxicos para agasallar estes días: desde a lupa USB ata a plastilina condutora. Creatividade para os mais inquedos da familia.

Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016.

Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista “Astronomía“, con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).

 

Na segunda parte do especial Prismas 2016 contamos co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.

 

Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC]

Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.

Solución #uloaberrón

sin-tituddslo-2

Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron “Aberrón” o seu libro “El ojo desnudo” para os oíntes de Efervesciencia.

Efer 336 (11-7-15): RadioLab

Un catedrático debería ofrecer ó seu auditorio a indiscutible impresión de que puxo en xogo todas a súas enerxías para procurarlle ensinanzas e gozo

Michael Faraday

En cada edición efervescente somos nós quen seleccionamos os invitados que nos acompañan no tempo da parolada. Pero unha vez ó ano son os invitados quen nos escollen a nós. E isto é así porque por cuarta vez celebramos  nas instalacións da Radio Galega o obradoiro para investigadores comunicar ciencia na radio. Conversamos con Daniel Pereira (Gradiant), Ricardo Prego (IIM-CSIC), Nieves Vidal (IIAG-CSIC), Cristina Rodríguez (INIBIC) e Marta Álvarez (xestora de I+D Fundación Biomédica Galicia Sur).

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/Parolada-336-parte-1.mp3|titles=Parolada 336 parte 1]

Parolada 336 parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/Parolada-336-parte-2.mp3]

Parolada 336 parte 2

 

Recreamos “Lección de anatomía” de José de la Sota, gañador da V edición de Inspiraciencia na categoria de galego, e conversamos co seu autor.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/Entre-José-de-la-Sota.mp3]

Entrevista  José de la Sota

 

Estivemos no 11 Congreso de APEA (Asociación para la enseñanza de la Astronomía) celebrado na sede da Fundación Barrié en A Coruña.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Micro-Barrie-APEA.mp3]

Micro Barrie APEA

E velaquí tes o programa íntegro listo para ser escoitado, compartido, arquivado,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/EFERVESCIENCIA-11-07-2015.mp3]

Efer 336

Volve “Comunicar Ciencia na Radio”

Recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio” tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos.

Descarga as bases e cartel. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es

Actualización 27-6-14:  Finalizada a inscrición, todas as prazas e as reservas están cubertas.