#modogatodeSchrödinger II: Prismáticos

Estamos a poucas horas de coñecer aos gañadores da edición 2015 dos Premios Prismas. Hai xusto un ano (Efer 302) pechamos  aos galardoados de 2014 nun estudio de radio, e isto foi que aconteceu:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Tertulia-prismas-14.mp3]

Tertulia prismas 14

Efer 302 (16-11-14): Prismas 2014

Desta volta xuntamos nos nosos estudios aos gañadores dos Premios Prismas 2014 Arturo Menor Campillo, David González Jara, Antonio López Mariño, Pampa García Molina e Arturo Quirantes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/Tertulia-prismas-14.mp3]

Tertulia Prismas 14

.

Eva Rodríguez de SINC cóntanos desde Australia as últimas novas do Congreso Mundial de Parques 2014

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/SINC-PARQUES-AUSTRALIA.mp3]

Congreso Mundial de Parques

.

Velaquí tes o programa íntegro ao teu dispor

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/10/efer-302-16-11-14.mp3]

Efer 302 (16-11-14)

 

Vacinas? Si, por suposto

No programa do 17 de novembro do ano pasado dedicamos a entrevista central do programa a falar sobre vacinas con Federico Martinón, médico adxunto da Área de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este traballo mereceu o Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación na modalidade de radio.

Esta foi a peza galardoada:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/11/Intro-224.mp3]

Presentación

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/11/Entre-Federico-Martinón-def.mp3]

Vacinas? Si, por suposto

Programa 223 (3-11-12): Nubes, prismas, e fontanería informática para o corazón

Non son nube nin flor os que namoran,

es ti, corazón, triste ou ditoso.

Rosalía de Castro

Reunión IPCC (Fonte: Economics for Energy)

Vigo acolleu unha reunión do Grupo Intergubernamenal sobre Cambio Climático da ONU. 281 expertos pertencentes a 51 países, autores principais e coordinadores do grupo III do IPCC, traballaron sobre as opcións para mitigar o cambio climático cara o V Informe de Avaliación. Conversamos con Xavier Labandeira, catedrático de economía da Universidade de Vigo e responsable do centro de investigación “Economics for Energy”.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/LABANDEIRA-IPCC.mp3]

Entrevista a Xavier Lavandeira

A qué profesional chamarías para simular e reparar un sistema de 96.000 km de tubaxe polos que flúe un liquido viscoso impulsado por unha soa bomba oscilante? A un fontaneiro? A un informático? Nós sen pensalo a Alberto Figueroa, que é Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Figueroa ven de gañar unha prestixiosa Strarting Grant da UE  precisamente para estudar un sistema destas características: o sistema cardiovascular. Figueroa aténdenos desde Londres, onde é profesor titular do departamento de Ciencias da Imaxe e Enxeñería Biomédica no King´s College.

Un elemento importante na carreira de Alberto Figoroa foi o ter sido no seu momento un bolseiro de Fundación Barrié para facer o seu postgrao en Enxeñaría Mecánica na Universidade de Stanford.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/ENTRE-ALBERTO-FIGUEROA.mp3]

Conversa con Alberto Figueroa

 

[youtube p1NH_iGZ0YU A]

Nos anos 30 o doutor Uriarte gravou nuns vinilos latexos de corazón con fins didácticos.  Germán Díaz recrea o “Método Cardiófonico” de Uriarte como fonte de inspiración dunhas melodías únicas. Un consello, axusta ben os graves do teu equipo para escoitares os latexos.

 

Ramón Núñez por Xurxo Lobato [CC-BY-SA-2.5]

Coñecemos en directo e en primicia o palmarés da XXV Edición dos Premios Prismas “Casa das Ciencias” da man Rosa Capeáns, xefa do departamento de cultura científca da FECYT, que exerceu de presidenta do xurado en representación de Carmen Vela, secretaria de Estado de Investigación. Destacamos que o Prisma de Honor recaeu en Ramón Núñez, director do MUNCYT e alma máter dos Museos Científicos Coruñeses.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Fallo-prismas-2012.mp3]

Fallo Prismas 2012

Foto de Ismael Pan

O músico Germán Díaz xunto con outros nefelibatas (*) organizou a pasada fin de semana na granxa escola de Barreiros, en Sarria, Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. Tivemos a sorte de poder gozar deste orixinal proposta na que confluíron a meteoroloxía, a fotografía, a antropoloxía, a arte, a astronomía e a música. Para os oíntes de Efervesciencia trouxemos un par de nubes.

 (*) Nefelibata: Palabra culta do grego nube e andar. Dito dunha persoa: Soñadora, que anda polas nubes.

Nefelibatas

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Nefelibatas.mp3]

Repor Congreso Internacional de Observadores de Nubes

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Repor-congreso-nubes-def.mp3]

 

Velaquí tedes o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Efer-223-3-11-12.mp3]

Programa 223 completo