Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

“Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta”
Jacques-Yves Cousteau

.

Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do dióxido de carbono que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden desaparecer os arrecifes de augas frías.

.

Facemos a presentación mundial do videoxogo Al-Kimia, desvelamos #ondaestáDeborah? e vamos de Postal Planetaria con David Bowie e Borja Tosar.

.

Tamén damos a coñecer a nova convocatoria do concurso de relatos “Ciencia que Conta” organizados polo grupo Divulgatia da Universidade de Vigo.

Postal planetaria: Multiversos

Houbo un tempo no que pensabamos que a Terra era o centro do universo. Na actualidade hai diferentes teorías cosmolóxicas que especulan sobre a posible existencia doutros universos alén do noso. As matemáticas amosan que os universos paralelos son verosímiles, o problema é que non temos nin idea de como verificar estas teorías. Con estes vimbios Borja Tosar monta outra maxistral “Postal Planetaria”.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/POSTAL-MULTIVERSO-DEF.mp3]

Descargar Postal Multiverso

Postal planetaria: Sexo no espazo

Nesta ocasión o noso amigo Borja Tosar dá respostas verosímiles a todas as cuestións sobre o sexo no espazo que  nunca nos atrevemos a preguntar:  Como? Cando? Onde? Unha nova “Postal Planetaria” absolutamente sorprendente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/postal-sexo-no-espazo-def.mp3]

Postal planetaria: sexo no espazo