Efer 288 (7-6-14): SciCom Portugal

A única verdadeira viaxe de descubrimento consiste non en buscar novas paisaxes, senón en mirar con ollos novos

Marcel Proust

Neste especial Efervesciencia levamos o noso laboratorio móbil ao congreso de comunicación da ciencia SciCom Portugal. Alí conversamos con José Azevedo (Ciência 2.0), António Granado , Joana Lobo Antunes, Sónia Furtado, Pedro Russo (UNAWE)Casto Rivadulla, e João Monteiro e Diana Barbosa (Comunidade Céptica Portuguesa).

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/06/efer-288-7-6-14.mp3]

Descargar efer 288 (7-6-14)

Efer 278 (22-3-14): Cosmoloxía en acción

Nunca as fronteiras do coñecemento humano teñen sido levado tan lonxe

Max Tegmark sobre os resultados de BICEP2

BICEP2 na base Amudsen-Scott (Steffen Richter/Harvard University)

 

Esta semana soubemos do que pode ser o achado científico do ano. Un observatorio localizado na Antártida, o BICEP2, ven de descubrir sinais do primeirísimo intre do nacemento do universo, cando este so contaba cunha idade de unha 100 millonésima de billonésima de billonésima parte de segundo – o que sería o “Bang” do Big Bang – e de paso unha (nova) evidencia da existencia das chamadas ondas gravitacionais. De confirmarse con outros experimentos, todo un fito na comprensión do universo.

O universo que coñecemos actualmente é moi diferente da imaxe que tiñamos del hai un século cando pensabamos que o cosmos era inmutable, eterno e que só contaba cunha galaxia. Co profesor de investigación do CSIC no Instituto de Física Teórica da UAM/CSIC Ángel Uranga facemos unha viaxe explorando a evolución da nosa idea do universo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/Entre-Uranga-Def.mp3]

Descargar Entrevista Uranga

Nunca nos imaxinamos que en Efervesciencia acabariamos facendo crítica televisiva. Pero ante insistencia de Borja Tosar e dos nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino montamos un faladoiro sobre o novos Cosmos. E a cousa quedou ben interesante.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/Faladoiro-cosmos-def.mp3]

Descargar faladoiro Cosmos

Completa este programa a segunda entrega de “Agora si imos a Portugal“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/Portugal-maratona-def.mp3]

Descargar Agora si imos a Portugal: Maratona e Unicornio Voador

E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.

Agora si imos a Portugal: O unicornio voador

Abrimos de novo a nosa xanela á divulgación científica en Portugal da man da asociación Viver a Ciência. Sílvio Mendes preséntanos dúas iniciativas ben interesantes: o “Prémio Unicórnio Voador” e a Maratona da Saúde.

 

Agora si imos a Portugal: O vixiante que se namorou de Darwin

Um corvo-marinho viu no mar
Diferente dos que conhecia,
As asas não davam para voar,
Mas, nadar ele podia.

Na terra não tinha predador
Para quê asas para voar?
Bastava ser bom nadador
Para o peixe poder apanhar.

Após tanta observação
Logo se pôs a pensar
Podia, então, a evolução
De forma natural se dar.

António Vieira

Iniciamos unha nova sección na que imos coñecer a ciencia e a divulgación que se fai en Portugal da man da asociación Viver a Ciência. E para esta estrea Sílvio Mendes contanos unha historia marabillosa protagonizada por António Vieira. Cando este garda de seguridade empeza a traballar vixiando unha exposición sobre Darwin no Xardín Botánico de Porto queda tan fascinado pola viaxe do naturalista inglés no Beagle. Tanto que empeza a seguir ás visitas guiadas e compor poesías e debuxos cos seus descubrimentos…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/PORTUGAL-DARWIN-ENAMORADO-DEF.mp3]

Descargar VAC 1: O vixiante e Darwin

Ilustración de António Vieira (VAC)