Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan unha barbaridade co CRISPR

En ciencia, o recoñecemento concédeselle ó home que convence ó mundo, non a aquel se lle ocorre a idea

William Osler

O primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia é un monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con Deborah García Bello, Borja Tosar, Bibiana García Visos e César Goldi. Risas e cantos nun programa irreproducible (non o dicimos por dicir, a explicación vai dentro).

Francisco Mójica (Foto: Roberto Ruiz. Taller Imaxe Universidade de Alacante)

Francisco Mójica (Foto: Roberto Ruiz)

A idea deste repaso do 2015 é recoñecer tamén as persoas que están atrás dos descubrimentos. Este é o caso de Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante con quen temos o gusto de conversar. Mójica tivo un papel relevante na técnica CRISPR ao identificar estas secuencias primeiro en en procariotas. De feito foi el quen lle puxo este nome. Grazas ao seu traballo pioneiro en ciencia básica agora os laboratorios de todo o mundo poden editar o xenoma en cultivos e en vivo de xeito preciso, rápido e barato. Laboratorios como o  CICLOn do investigador do CIMUS Anxo Vidal. O CRISPR-Cas9 desenvolvido por Jenifer Doudna e Emmanuelle Charpentier foi recoñecido por Science como o achado do ano, e todo apunta a que se pode converter nunha revolución científica e social. Atentos ao Nóbel. Aquí tedes a entrevista.


 

Agora a Avoa de Einstein xe sabe o que son as “Repeticións palindrómicas curtas agrupadas e regularmente espazadas”. Velaquí o programa íntegro para escoitar e compartir.

Postal Planetaria: A guanteira da New Horizons

O que leva rumbo Plutón a sonda New Horizons  na guanteira non é moi diferente do que podes ter ti no teu coche, ou non? Escoita a  nova Postal Planetaria de Borja Tosar.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar Postal Plutón New Horizons

 

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.