Xan
21
2014
Unha galiña tan so é medio que ten un ovo para fabricar outro ovo
Samuel Butler
Esta edición vai de cores: azul, gris, verde, azul e vermello.
Azul Ovo
Poñer un ovo azul é difícil, difícil aínda que non raro. A metade das especies de paxaros poñen ovos con tonalidades azuis ou verdes, aínda que isto non semella ser unha estratexia moi útil pra agochar os ovos dos posibles depredadores…
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/Intro-18-1-14-ovos-azuis.mp3]
Gris cinza
Logo dun lume forestal o solo non so pode perder a súa parte máis fértil senón tamén contaminar ríos e acuíferos. Serafín González, investigador científico do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) cóntanos como unha cobertura de palla pode ser unha boa solución, aínda que non é a panacea.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/SERAFIN-GONZALEZ-SOLOS-QUEIMADOS-DEF.mp3]
Serafín González e a recuperación de solos queimados
Verde pata dun piquero de patas azuis
O profesor da Universidade de Vigo Alberto Velando é un dos investigadores mais citados do mundo en comportamento animal segundo Thomson-Reuters. Velando explícanos que os científicos negáronse a aceptar durante século e medio – ata os anos 90 – que a cor do paxaros tiña que ver coa selección sexual ao escoller parella. O seu grupo ten estudado abondosamente o comportamento dun pequeno mascato na Illa Isabel en México: o piquero de patas azuis (Sula nebouxii).
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/entre-alberto-velando-def.mp3]
Azul glaciar
Nova entrada do “Diario dun Neurocientífico ao redor do mundo”. Na súa volta ao mundo Xurxo Mariño segue os pasos de Darwin pola Patagonia e Tierra de Fuego.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/XURXO-PATAGONIA-def.mp3]
Vermello Betelgeuse
A catedral do ceo de inverno é á constelación de Orión, coa superxigante vermella Betelgeuse no ombreiro do cazador mitolóxico. Escoita a nosa Guía do Ceo de inverno.
Velaquí tes a paleta completa, o programa íntegro para escoitar e descargar:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/efer-270-18-1-14.mp3]