Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa

⇑⇑⇑ Presentámosvos a primeira “Guía do Ceo” do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro.
Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule.

 

As neurocientíficas “guerrilleiras” de Columbia NY [Versión estendida web]

Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.

Efer 441 (3-6-18): O prion e o cepillo de dentes de Mr. Prusiner

Infiltrámonos no congreso mundial Prion 20018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida.
Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Badiola (Presidente do Consello Xeral de Colexios Veterinarios), Raquel Sánchez del Valle (Unidade de alzhéimer e trastornos cognitivos do Hospital Clínico de Barcelona), Joaquín Castilla (CIC bioGUNE), Juan Mª Torres (INIA) e o nobel Stanley Prusiner.

Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.