Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto

Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia.

Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns.

 

Tamén falamos de ciencia cidadá con José Viñas, profesor do IES David Buján. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Finalmente contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.

Efer 236 (9-3-13): Para que serven as aves?

Eu, poeta /popular, provinciano, paxareiro

fun polo mundo buscando a vida /paxaro a paxaro coñecín a terra

Pablo Neruda

Garceta na Ría do Burgo (Foto: Xacobo de Toro Cacharrón)

Mil e unha historias, paxaros, paxareiros e paisaxes. Todo isto e mais é o libro “¿Para qué siven las aves?”  (Tundra, 2012) de Antonio Sandoval. Un libro delicioso  no que ao longo das súas páxinas, mentres o autor recorre a costa da Coruña e a súa propia historia como ornitólogo, nos imos namorando – case sen decatarnos – das aves e do patrimonio natural. Unímonos aos merecidos eloxios que esta obra está a recibir.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-SANDOVAL-def.mp3]

Entrevista a Sandoval

 

 

A nova desta semana ilústranos como a investigación científica dá respostas prácticas e simples a problemas reais. Problemas reais como por exemplo a preocupación dos armadores de pesca do porto de Vigo de como alongar a vida útil en bodega do peixe capturado no Gran Sol. Cóntanolo Santiago Aubourg, profesor de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC de Vigo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-santiago-aubourg.mp3]

Entrevista Santiago Aubourg

 

Jorge Mira, A. J. Leggett e Manuel Vázquez Ramallo (Foto USC)

Esta semana tivo lugar en Compostela a inauguración da VII edición do Programa ConCiencia promovido pola USC e o Consorcio da Cidade co financiamento da FECYT.

Coa presenza do nobel de física Anthony James Leggett son xa 30 os galardoados con este premio que visitaron Santiago ó abeiro do programa de divulgación ConCiencia que dirixe o catedrático de electromagnetismo Jorge Mira.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-1.mp3]

 Legget 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-2.mp3]

Legget 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Legget-3.mp3]

Legget 3

 

Complementa esta edición efevescente unha nova postal planetaria de Borja Tosar dedicada ao sexo no espazo. Velaquí podes escoitar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-236-9-3-13.mp3]

Descargar programa 236 completo