Efer 479 (22-5-19): Telescopios nos ollos e outros inventos reais para ver mellor

O pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas.

Na sección de “Muller e Ciencia” de Joana Magalhaes conversamos con Marta Macho. Esta profesora de matemáticas da Universidade do País Vasco botou a andar hai 5 anos a web “Mujeres con Ciencia”.

No primeiro instante despois do Big Bang o noso universo sufriu unha expansión hiperacelerada nunha quintillonésima parte de segundo. Neste lapso o universo aumentou nun proporción análoga a que ocorrería se unha habitación de 10 m2 medrase ata ocupar todo o universo. Este fenómeno coñécese como inflación cósmica. O investigador do Instituto Galego de Altas Enerxías José Edelstein vén de gañar unha mención no premio da Gravity Research Fundation ao propor un mecanismo alternativo á explicación tradicional deste fenómeno.

Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura

 

Non mires con receo o meu ensino ó veres que cos ollos non podemos descubrilos principios das cousas: non entanto, é preciso que confeses que hai corpos que os ollos non perciben (Lucrecio, visto en “El ojo desnudo”)

 

Datos xenómicos seguros?

Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.

 

Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda

Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos. O primeiro capítulo está aquí.

“El ojo desnudo” desde unha cámara escura

Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro “El ojo desnudo“. A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas que nos sirve para facer o concurso “Un libro, un autor, un lugar”. A solución está aquí.

Efer 361 (26-6-16): Kit para argumentar cientificamente


Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias ao fío dunha xornada sobre razoamento científico e pensamento crítico do Consello da Cultura Galega.
Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC. Este invento vén de gañar o XV Concurso de Ideas Empresariais Unimprende.
Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.