Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física

O ángulo máxico da revolución “viratrónica” con Pablo Jarillo Herrero

Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular.

O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.

As ondas gravitacionais fixeron posible a evolución humana

Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.

Iluminar o urbanismo salvaxe do cancro. O cancro precisa de crear vasos que lle acheguen nutrientes para se poder expandir. Unha investigación do CIMUS-USC, CIQUS-USC e CICA-UdC ven de amosar como se poden volver fluorescentes estes tecidos. Conversamos desde o CIMUS co investigador José A. Costoya.

Arte no CERN coa instalación Datos Fluidos de Agnes Chavez [Muller e ciencia] Joana Magalhaes preséntanos na súa sección a artistae educadora norteamericana de orixe cubana Agnes Chavez que ultima unha instalación artística no Centro de Datos do CERN.

Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto “Light4Heritage” estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre “Light4Heritage” con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?

 

Portada galega en Science

O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.

 

Vaso de viño cardiosaudable?

Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Aquí tes máis información.

 

 O cheiro da choiva

En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de “Moléculas en Galego” Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

 

Efer 378 (1-1-17): A espía da gravidade

c0dgbn-xgaavjzh

A listaxe de Nature das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia en 2016 está encabezada pola física arxentina Gabriela González. Gabriela González, a “espía da gravidade” segundo Nature, é a portavoz de LIGO, o experimento que en 2016 iniciou a astronomía das ondas gravitacionais.
Temos o privilexio de poder conversar con Gaby González da man do físico e divulgador da USC José Edelstein e coa participación tamén do experto en gravidade Jorge Pullin.

 

O Efervesciencia máis cantareiro do ano

Neste programa especial de aninovo repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia entre canción e canción do noso coro efervescente. Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.

Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz

7912137730_497489d68b_k

A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as posibilidades e eivas da fonética forense: Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación… Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra.

 

A epidemia actual de obesidade é a orixe do aumento de casos de diabetes II na poboación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC, que dirixe Sulay Tovar, estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.

 

LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar aparentemente a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.