Noite Efervescente

Foto de Óscar Blanco

Noite Efervescente é un nanoproxecto de astronomía para todos, iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Astronomía na Beirarrúa e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Presentación-noite-efervescente.mp3]

Audio da presentación da Noite Efervescente en Efervesciencia

A Noite Efervescente terá lugar o sábado 15 de xuño, e consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade do seu ceo nocturno, o albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense).

Un grupo de 40 persoas con discapacidade intelectual de diversas asociacións da provincia de A Coruña tamén participarán no evento. Nunha etapa previa deste proxecto astrónomos afeccionados de IO e de Astronomía na Beirarúa desprazáronse ás diferentes asociacións para realizar unha serie de obradoiros de iniciación á astronomía.

Familias, grupos de amigos e en xeral calquera persoa interesada pode participar na Noite Efervescente. Quen desexe quedar a durmir no albergue ou facer uso das súas instalacións debe contactar previamente con este no teléfono 988 346 204, no correo info@osbiocos.com, ou na páxina de reservas.

No caso de que a previsión meteorolóxica a 4 días sexa adversa posporase a actividade ao sábado 13 de xullo.

No programa Efervesciencia levarase a cabo un concurso para agasallar cunha estadía para 6 persoas dunha noite con almorzo nun dos apartamentos dos Biocos.

As asociacións participantes na “Noite Efervescente” son :

Club Finisterre da Asociación ASPRONAGA (A Coruña)

ADCOR (A Coruña)

APADER (Cedeira)

Nosa Señora de Chamorro (Narón)

Club Manuel Pose Veiga de ASPABER (Carballo)

Centro Pai Menni (Betanzos)

AMIPA (Comarca do Sar)

ASPADEX (Cee)

 

 

Efer 244 (11-5-13): Todos somos un chisco xitanos e viceversa

As razas son puras invencións que sempre se utilizaron para clasificar arbitrariamente homes e mulleres en mellores e peores e deste xeito discriminar ós últimos

Rita Levi-Montalcine

 

David Comas coa nosa colaboradora Marta Vila nos estudios de A Coruña

Analizando o xenoma de diferentes poboacións humanas podemos aprender moito da súa historia. O grupo de David Comas, investigador do Instituto de Bioloxía Evolutiva do CSIC- UPF, ten estudiado ao pobo xitano desde este punto de vista. A xenética afina a orixe da maior minoría étnica de Europa, que está composta por máis persoas que a poboación de Grecia ou Portugal. Os datos indican en que porcentaxe as diferentes comunidades xitanas se teñen misturado coa poboación local na a súa migración desde o norte  da India hai 1500 anos. Agora cómpre determinar canta compoñente xitana levamos os non xitanos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/entre-david-comas-def.mp3]

Descargar Entrevista a  David Comas

.

As constelacións circumpolares están visibles todo ano. Nesta Guía do Ceo a protagonista é Draco, a constelación do Dragón.  Os nosos estreleiro tamén aproveitan para presentar a  Noite Efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/GUIA-DO-CEO-MAIO-13-def.mp3]

Guía do Ceo de Maio

.

Nesta edición efervescente tamén presentamos aos gañadores  do concurso Inspiraciencia na categoría de microrelatos en galego. Velaquí está  programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/efer-244-11-5-13.mp3|titles=efer 244 (11-5-13)]

Descargar Efer 244 (11-5-13)