Efer 486 (26-9-19): VII Noite Efervescente e baixo a cúpula con Héctor Socas

1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00)


2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17)

3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación

Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos de Amipa, Aspronaga e Fundación Adcor.

Luisa Martínez presentounos “Puf! Vaia Peido” (Editorial Galaxia).

Martin Pawley explicounos o ceo e Xurxo Mariño adiantounos o contido da súa charla no Festival Divulgacción. (9:04)


4. Convite de Beatriz Díaz para o concurso internacional de biotecnoloxía Zendal (30:35)

5 Baixo cúpula con Héctor Socas

Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísico do IAC-CSIC, divulgador, e alma máter do podcast @pcoffeebreak, Héctor Socas (31:36)

Efer 447 (10-10-18) Noite Efervescente desde Guitiriz

 

⇑⇑⇑ Así transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley. Tivemos de anfitrioa á Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.

 

Fotóns sen fronteiras

Salvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.

 

Pinzas ópticas, láseres e o Nobel de Física

Maite Flores, profesora de física da USC, debúllanos o Nobel 2018 de física dedicado ás pinzas ópticas e os láseres de pulsos ultracurtos e de alta intensidade.

 

Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

 

 

 

Open Science Cambre

Iniciamos tempada desde o “Open Science Cambre” onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI  (Instituto de Biocomputación y Física de Sistemas Complejos – Universidad de Zaragoza). Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da “Open Science Cambre”), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).

 

Inmunoterapia contra o cancro

Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a James P. Allison e Tasulo Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.

 

AMIT en A Coruña

Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man da nosa colaboradora Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).

 

Previa Noite Efervescente

Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Efervescente que habemos celebrar en Guitiriz.

 

Ven á Noite Efervescente en Castrelo de Miño

Embalse-Castrelo-de-Miño_6-1400x718

A “V Noite Efervescente” terá lugar no Náutico de Castrelo de Miño o venres 30 de xuño ás 22 h. Comezaremos gravando un especial Efervesciencia aproveitando a conmemoración do Día Internacional dos Asteroides, con algunha que outra sorpresa. E ás 23 h. gozaremos dunha observación pública do ceo da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar, coa colaboración de Dosi Veiga. Un festa da astronomía para todos na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Adcor, Chamorro, Aspaber Amipa. Agardámoste!

91848479

Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO” e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.

Abaixo podes escoitar o programa que fixemos na anterior “Noite Efervescente” desde o observatorio de Cotobade.

Nota: Por erro na primeira versión desta entrada puxemos que a Noite Efervescente é o 30 de setembro, cando en realidade é o 30 de xuño. Xa correximos o erro no corpo da entrada.