⇑⇑⇑ Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godinho (xefa de comunicación do CERN), Ricardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes.
A comunicación da ciencia en España, Portugal e Brasil [versión completa]
A vida é infinitamente mais estraña que calquera cousa que a mente humana poida inventar
Sherlock Holmes en “Un caso de identidade” de Conan Doyle
Infografía de "Seeds Project"
O espazo está moito máis enlixado do que pensamos. Desa poeira espacial nacen estrelas e planetas. Outros pos, que poderiamos chamar de entullo, veñen dos choques entre corpos planetarios. Amaya Moro Martín, astrofísica no Space Telescope Science Institute, aproveita estas poeiras para estudar sistemas extasolares. Sería posible que este po transportase vida entre sistemas solares?
Amaya Moro vén de publicar unha carta aberta en Nature na que se expresa a preocupación da comunidade cientifica polas actuais políticas científicas na Unión Europea. Dúas liñas deste artigo dan conta da intención de Portugal de pechar a metade das súas unidades de investigación logo dunha “defectuosa avaliación da European Science Foundation (ESF)”. Esta avaliación ten levantado unha gran polémica en Portugal. Pola súa parte a ESC instou a Moro para que se retractase baixo a advertencia de emprender acción legais no Reino Unido, que onde se publica Nature.
O neurocientífico Casto Rivadulla explícanos o premio Nobel de Fisioloxía 2014, un galardón que xa estaba no aire. (No vídeo obsérvanse en acción as “células de posición” dun rato nun labirinto)
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/CASTO-NOBEL-2014-DEF.mp3|titles=CASTO NOBEL 2014 DEF]
Eva Rodríguez da Axencia SINC conversa con Luís Llaneza de ARENA (Asesores en Recursos Naturais, S. L.) sobre unha nova metodoloxía para rastrexar as mandas de lobos cando non se teñen indicios directos da súa presenza.