Efer 239 (30-3-13): Os 7 pecados irracionais

Cantas veces teño que dicirlle Watson que unha vez que teñas eliminado o imposible, o que queda, por improbable que pareza, debe ser a verdade

“O signo dos catro” A. C. Doyle

Luis Muíño é psicólogo e excelente divulgador en multitude de medios de comunicación. Aproveitando a súa visita a Santiago para participar en EEEP-Compostela, Muíño acompañounos nos nosos estudios e explicounos por que os humanos non adoitamos a ser todo o racionais que pensamos a priori.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/Entre-Luis-Muiño-def.mp3]

Entrevista  Luis Muiño

h

El mal del cerebro” é un apaixoante documental eloxiado pola revista Lancet que nos conta múltiples historias de cando o cerebro falla e que pode facer a ciencia nestes casos. Conversamos co seu creador, Antonio Martínez Ron.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/entre-mal-cerebro-def.mp3]

Entrevista El mal del cerebrom

Completa esta edición efervescente a Guía do Ceo de abril. Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/Efer-239-30-3-13.mp3]

Descargar Efer 239 (30-3-13)

O cerebro non dá procesado o fóra de xogo (2-3-13)

A @AvoaEinstein volveuse a infiltar en directo no Galicia en Goles, esta vez  na retransmisión do enésimo partido do século Madrid-Barça. Desta volta a Avoa tiña dúbidas de por qué os xuíces de liña fallan os fóra de xogo se na televisión vese nidiamente. O neurofisiólogo Casto Rivadulla do grupo Neurocom da UDC explicounos que a clave reside en que o cerebro tarda alomenos 150 milisegundos en dar unha reposta a unha situación de fóra de xogo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-Madrid-Barcelona-2-3-13.mp3|titles=efer Madrid-Barcelona 2-3-13]

 Madrid-Barcelona  2-3-13 Fóra de xogo

Efer 228 (15-12-12): Gala Ciencia que Conta 2012

Esta carta que recibes é mais longa do habitual, porque non tiven tempo de facela mais curta

Blaise Pascal

Un ano mais tivemos o privilexo de retransmitir a gala de entrega de premios do concurso Ciencia que Conta. Desde a sede da Fundación Barrié de Vigo acompañáronnos os membros do xurado do CQC 12 María José Mariño (directora de Investigación da Fundación Barrié), Ramón Cid (profesor do IES de Sar en Santigo) e Francisco Domínguez (director da Fundación Penzol). Tamén contamos cos membros de Divulgatia Eduardo García Parada e Julia Serra, co actor Vicente de Souza , co neurofisiólogo Xurxo Mariño e co director xeral da Fundación Barrié, Javier López. Tamén nos fixo moita ilusión compartir unha hora de radio en directo con todo o público que encheu a planta 5ª da Barrié.

Xurxo Mariño presentounos o seu último libro, Neurociencia para Julia (Ed. Laetoli)…

… e tamén amosounos como unha imaxe científica pode ser inexacta.

A infografía desta portada ten un cazapo bastante común

E velaquí están as recreacións radiofónicas que fixemos dos relatos gañadores do CQC 12:

Categoría Alumnado de Educación Primaria

“Viaxando no tempo” de Manuel Francisco Lamela Gómez (CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/12/Primaria-CQC-12.mp3]

Descargar relato

Categoría Alumnado de Educación Secundaria obrigatoria:

“As cores de África” de Alba García Bouza (CPI Monte Caxada de As Pontes)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Secundaria-CQC-12-def.mp3]

Descargar relato

Foto: Xoanxosé Vicente

Categoría Alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP

“A peor das enfermidades” de María García González (IES Beade de Vigo)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Bacharalato-CQC-12-def.mp3]

Descargar relato

Foto: Xoanxosé Vicente

Categoría de Público en xeral

“O cuarto pequeno” de Celia Durán Abollo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Xeral-CQC-12-def.mp3|titles=Xeral CQC 12 def]

Descargar relato

E aquí tes o programa comleto:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/12/Efer-228-15-12-12.mp3]

Descargar porgrama completo Efer 228 (15-12-12)

Programa 224 (17-11-12): Vacinas? Si grazas!

A quen pertence a patente desta vacina? Pois eu coido que á xente. Non hai patente. Podería vostede patentar o sol?

Jonas Salk

A nova da semana lévanos ó Instituto de Neurolóxico Barrow en Fenix, Estados Unidos, onde un equipo de investigación capitaneado por Stephen Macknik ven de publicar o pasado luns un orixinal traballo na revista PNAS. Esta investigación tamén está asinada por tres galegos, Susana Martínez-Conde, Héctor Rieiro e José Luis Pardo, con quen conversamos.

(Ollo: Laurin Guadiana na Wikimedia CC-BY-SA_2.5, Gráfico: PNAS)

Desde hai 100 anos sábese que a percepción do contraste, do brillo, depende da duración do estímulo. Así por exemplo, unha imaxe flasheada por so 5 milisefundos percíbese a metade de brillante ca outra idéntica que se amose o dobre de tempo, 10 milisegundos.

Segundo a chamada Lei de Bloch, isto é así: a maior duración do estimulo maior percepción; ata chegar ós 100-150 milis, momento no que por moito que se aumente a duración do estimulo a percepción segue constante.

 Ata aquí a cousa semella fácil, pero o asunto é un chisco mais enleado. Na bibliografía constátase que unha parte dos investigadores que abordaron este problema atoparon unha reposta un tanto distinta. No chamado efecto Broca-Sulzer a percepción do contraste tamén aumenta inicialmente coa duración, pero neste caso alcanza un pico intenso entorno ós 60 milisegundos para logo descender e estabilizarse como acontece na Lei de Bloch.

Lei de Blok ou efecto de Broca-Sulzer? A cuestión pode parecer unha sutileza caprichosa dos expertos, pero non o é. Se se demostrase que na nosa visión existe un pico de percepción do contraste no tempo, poderíamos sincronizar o pestanexo, o chamado refresco, das luces artificiais e as pantallas de visualización, á nosa dinámica de percepción visual óptima, e deste xeito mellorar o consumo enerxético destes aparatos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Jose-Luis-Pardo-Efecto-Broca-Sulzer1.mp3]

Efecto Broca-Sulzer vs Lei de Bloch con José Luis Pard0

 

“Non vacinar a un fillo pode ser equivalente ao maltrato infantil” Federico Martinón

O sarampelo é moi contaxioso. De cada 20 afectados 1 contrae unha pneumonía, de cada 2000 doentes 1 contrae unha encefalite, e de cada 3000 enfermos 1 morre. Con poboación vacinada os riscos cambian – nunca son cero – a  1 caso de encefalite o reacción alérxica grave de cada 1 000 000.  A conclusións son claras, non si?

Federico Martinón, médico adxunto da Área de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago contéstanos a todo aquilo que sempre quixemos saber sobre as vacinas.  Na entrevista tamén contamos cos organizadores de Escépticos no Pub – Compostela, Manuel Collado e Pepe Facal do IES Lamas de Abade, e cunha pequena sorpresa familiar…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Entre-Federico-Martinón-def1.mp3]

Entrevista a Federico Martinón

 

O coñecido informe Pisa avalía competencias do alumnado e non meros coñecementos. Unha ferramenta educativa moi potente de traballo en competencias é a materia de Tecnoloxía que leva mais de 20 anos incorporada no currículo dos escolares. No entanto o anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) vén de cuestionar a importancia das diferentes Tecnoloxías. Conversamos con Jorge Gómez e Pedro Gerpe de Apetega.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Tecnoloxía-LOMCE-e-FINAL1.mp3]

A Tecnoloxía na LOMCE

 

Velaquí o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Efer-224-17-11-121.mp3]

Programa 224 completo