Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?


Para o lingüista computacional Paulo Gamallo a capacidade de entender das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

 

Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non

Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane  –Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.

 

A que cheiran os mortos?

A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

 

Banda deseñada e ciencia

Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.

Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns

O noso encéfalo funciona con electricidade. Con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o “Centro Tecnolóxico de Formación” do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro. Cudeiro dirixe na actualidade o “Centro de Estimulación Cerebral non Invasiva de Galicia“. En que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sans como neuromellora?

 

Eloxio do Horizonte

Descubrimos o “Eloxio do horizonte” de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí si ten un sentido.

 

Que imos ter nos ceos en 2017? [Guía do Ceo]

Os nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, cóntannos que nos imos atopar nos ceos no 2017: planetas, eclipses e ata misións espaciais.

Efer 306 (14-12-14): Ciencia que Conta 2014

Se a vostede lle presentan a un científico, non lle pregunte polo que sabe, senón polo que el quere saber. A conversa resultaralles moito máis proveitosa ós dous

Stuart Firestein

O programa máis entrañable da tempada efervescente é sempre a retransmisión da gala de entrega dos sétimos premios Ciencia que Conta. Dá gusto ver as ganas que lle botan as rapazas e rapaces participantes por construír un relato de temática científica en galego. Na sede da Fundación Barrié acompañáronnos algúns dos 345 participantes no concurso. Tamén contamos cuns invitados de luxo: a investigadora do Inibic Joana Magalhaes, o creador dos Bolechas Pepe Carreiro, o director xeral da Fundación Barrié Javier López, o neurocientifico do CSIC Luis Martínez Otero e o mago Miguel Ángel Gea.

Ciencia que Conta é unha iniciativa fantástica do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. En breve os relatos finalistas verán luz nun libro.

Estas son as adaptacións radiofónicas íntegras que fixemos dos relatos gañadores:

Categoría de alumnado de Educación Primaria

“A maxia do meu avó” de Lucía Álvarez Puga do CEIP Escultor Acuña de Vigo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Prim-CQC14-directo.mp3|titles=Prim CQC14 directo]

Descarga audio

Categoría de alumnado de Educación Secundaria Obligatoria

“Os embrións non saben que é sábado” de Antía López Pazó do IES Alexandre Bóveda de Vigo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/SEC-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Categoría de Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP

“O descenso do ascensor paradoxal” de Álvaro González Leiro do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Bach-CQC-14-def.mp3|titles=Descargar relato bacharelato]

Descarga relato

Categoría de público en xeral

“Eu mais ela, as tres” de Mauela Campos Agrafojo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Xeral-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Velaquí tes o programa íntegro xa empaquetado para escoitar ou descargar:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Efer-306-14-12-14.mp3]

Efer 306 (14-12-14)

Foto de familia dos finalistas do CQC14

Pepe Carreiro (dereita) e o público

Miguel Ángel Gea e Luis Martínez Otero

Todas as fotos da entrada son de Paulino Pérez.

Efer 298 (19-10-14): Poeira espacial

A vida é infinitamente mais estraña que calquera cousa que a mente humana poida inventar

Sherlock Holmes en “Un caso de identidade” de Conan Doyle

Infografía de "Seeds Project"

O espazo está moito máis enlixado do que pensamos. Desa poeira espacial nacen estrelas e planetas. Outros pos, que poderiamos chamar de entullo, veñen dos choques entre corpos planetarios.  Amaya Moro Martín, astrofísica no Space Telescope Science Institute, aproveita estas poeiras para estudar sistemas extasolares.  Sería posible que este po transportase vida entre sistemas solares?

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/AMAYA-MORO-1-def.mp3]

Entrevista Amaya Moro parte 1

Amaya Moro vén de publicar unha carta aberta en Nature na que se expresa a preocupación da comunidade cientifica polas actuais políticas científicas na Unión Europea. Dúas liñas deste artigo dan conta da intención de Portugal de pechar a metade das súas unidades de investigación logo dunha “defectuosa avaliación da European Science Foundation (ESF)”. Esta avaliación ten levantado unha gran polémica en Portugal. Pola súa parte a ESC  instou a Moro para que se retractase baixo a advertencia de emprender acción legais no Reino Unido, que onde se publica Nature.

A carta de Amaya Moro encádrase nunha inciativa de investigadores de varios paises que están a facer mobilizacións contra os recurtes en ciencia, nas que se inclúe a recollda de sinaturas de apoio á “Carta Aberta pola defensa da investigación en Europa“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/AMAYA-MORO-2-def.mp3]

Entrevista a Amaya Moro parte 2

.

O neurocientífico Casto Rivadulla explícanos o premio Nobel de Fisioloxía 2014, un galardón que xa estaba no aire. (No vídeo obsérvanse en acción as “células de posición” dun rato nun labirinto)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/CASTO-NOBEL-2014-DEF.mp3|titles=CASTO NOBEL 2014 DEF]

Nobel Fisioloxía 2014 por Casto Rivadulla

.

Eva Rodríguez da Axencia SINC conversa con Luís Llaneza de ARENA (Asesores en Recursos Naturais, S. L.) sobre unha nova metodoloxía para rastrexar as mandas de lobos cando non se teñen indicios directos da súa presenza.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/SINC-LOBOS-DEF.mp3]

SINC  Seguemento de mandas de lobos

.

Pío González preséntanos unha nova edición do concurso de relatos cientítficos “Ciencia que Conta

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/PIO-Presentación-CQC-e-despedida.mp3]

Presentación Ciencia que Conta

.

Velaquí tes o programa íntegro para escoitar, difundir, compartir… ou o que queiras.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/efer-298-19-10-14.mp3]

Efer 298 (19-10-14)