Mai
13
2015
O home é o único animal que quere existir
Fernando Pessoa
A elaboración do noso álbum familiar como especie está moi animada. Os descubrimentos dos últimos anos abren suculentas discusións no eido da paleontropoloxía. Nesta edición tivemos o honor de poder manter unha longa conversa con María Martinón que é antropóloga dental no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. Martinón pertence ao equipo de escavación de Atapuerca, e con ela falamos de neandertais, do home de Denisova, dos inicios da solidariedade na nosa especie e outros aspectos actuais de evolución humana.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Entre-María-Martinon-2015-1.mp3]Entrevista a María Martinón: Parte 1
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Entre-María-Martinon-2015-2.mp3]Entrevista a María Martinón: Parte 2
Esta é unha pregunta que lle fixemos a Martinón e que non puidemos incluír na emisión radiofónica por falta de tempo. Tras o amplo estudo en Science do equipo de Atapuerca en 2014 sobre as características neandertais dos fósiles da “Sima de los Huesos”, cómpre preguntarse que falla na asignación tradicional de Homo Heidelbergensis a estes espécimes.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Extra-Martinón-Mauer.mp3].
Eva Rodríguez de SINC conversa con Joaquín Bedía do Instituto de Física de Cantabria. Veñen de publicar un traballo no que se estima que para 2075 ás áreas queimadas polos incendios hanse duplicar e mesmo triplicar na Península Ibérica atendendo ao cambio climático.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/SINC-prospectiva-area-queimada-def.mp3]SINC prospectiva areas queimadas 2075
.
Completa o programa a segunda entrega da Rede Galega de Biomateriais. Velaquí tes o programa íntegro, compárteo e dinos que che gusta.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/EFERVESCIENCIA-10_05_15.mp3]