Programa 219 (29-9-12): Homo Neurogastronomis

Para non sentir o horrible paso do tempo que nos rompe os lombos e nos fai inclinar cara a terra, hai que embriagarse sen descanso. Pero embriagarse  ¿de que?  De viño, de poesía  ou de virtude, ao voso gusto. Pero embriáguense.

Charles Baudelaire (vista en “Paladear con el cerebro”)

Iniciamos a sexta tempada de Efervesciencia falando co investigador Ramón y Cajal da Universidade de Vigo Ramón Álvarez Puebla que vén de publicar en Nature Materials. O equipo do Grupo de Química de Coloides da a coñecer neste artigo un sensor do antíxeno específico da próstata (PSA)  mil millóns de veces mais sensible que o método standart actual. O incrible é que abren un novo concepto  de nanodetectores que funcionan mellor canto más ultradiluída estea a substancia a buscar.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/entre-Ramon-Alvarez.mp3]

Entrevista a Ramón Álvarez

Portada de Nature Material co investigación da Universidade de Vigo

 

Neste 2012 celebramos en España o ano da Neurociencia. Se unha cosa temos aprendido dos bos investigadores e divulgadores de grupo NEUROcom (Neurociencia e control motor) da Universidade da Coruña é que nin vemos cos ollos nin oímos coas orellas, senón que é o cerebro quen fai todas estas cousas. Nesta liña ven da saír do prelo o libro de Javier Cudeiro  “Paladear con el cerebro” (Ed. Catarata). O catedrático de fisioloxía humana da UDC demostra nesta obra que a intersección entre neurociencia e gastronomía está chea contidos saborosos e científicos por partes iguais. Será por iso polo que nesta entrevista fixemos interaccionar a Cudeiro con Flavio Morganti, o cociñeiro do Restaurante Galileo en Pereiro de Aguiar (Ourense) e creador do Aromaroma. Unha maridaxe perfecta. Escoiten e gusten!

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Entre-Javier-Cudeiro-e-Flavio-Morganti-web.mp3]

Entrevista a Javier Cudeiro

Temos un exemplar de “Paladear co cerebro” asinado por Javier Cudeiro. Se queres facerte con el contanos no noso Facebook cal foi a túa mellor experiencia “neurogastronómica”.

Paladear con el cerebro

Completamos esta edición efervescente falando do chocolate e empregándoo para medir a velocidade da luz.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Efervesciencia-29-09-121.mp3]

Descargar programa completo

 

Programa 115 (28-12-08): Pedro Echenique ou a riqueza das nocions

Os investigadores tamén se ispen para participar en calendarios festivo-reivindicativos.

Os investigadores ispense nun calendario

Calendario Precario 09

Pedro Echenique é catedrático de Física de Materia Condensada na Universidade do País Vasco, preside a Fundación Donostia International Phisics Centre, e entre as súas liñas de investigación está a física de superficies e microscopía electrónica. No 98 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica. Pero sobre todo Echenique é un científico renacentista con quen tivemos a oportunidade conversar sobre nanociencia, historia da ciencia e a riqueza das nocións.

Pedro Miguel Echenique

Pedro Miguel Echenique

Echenique obsequiounos cun listado de libros sobre creatividade e ciencia para este nadal:

– A mathematician’s apology. G.H. Hardy

– Consilience. Wilson

– Is science necessary? M. Perutz

– The threat and the glory. P. Medawar

– La doble hélice. Watson

– Las dos culturas. C.P. Snow

Que hai que facer para donar o corpo de un mesmo á ciencia? Mª Teresa Castaño do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da USC dános todos os datos. Mais información no 981 58 25 85 e na web.

Todos oímos falar nalgún momento da psicopuntura, pero probablemente non saberíamos explicar en que consiste. Como primicia radiofónica contamos con Osej Calaf do Instituto de Oian de psicopuntura, romanés afincado en Galicia que nos introduce nestas técnicas revolucionarias.

PD: Se notaches algunha cousa rara neste programa escríbenos, e ao mellor levas de balde un calendario con científicos espidos para a túa casa.

Programa 115 (28-12-08)