Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

 

 

 

Open Science Cambre

Iniciamos tempada desde o “Open Science Cambre” onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI  (Instituto de Biocomputación y Física de Sistemas Complejos – Universidad de Zaragoza). Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da “Open Science Cambre”), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).

 

Inmunoterapia contra o cancro

Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a James P. Allison e Tasulo Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.

 

AMIT en A Coruña

Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man da nosa colaboradora Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).

 

Previa Noite Efervescente

Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Efervescente que habemos celebrar en Guitiriz.