Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais.
(32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras–

Programa 191 (25-12-11): Solsticio en Amoeiro

Ningún descubrimento se faría xa se nos contentásemos co que xa sabemos

Séneca

Unha tecnoloxía é axeitada se soluciona problemas para os seus destinatarios. Quen diría que no século XXI sería unha gran invención as claraboias feitas con botellas de auga

Intro litros de luz

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2011/12/Intro-litros-de-luz.mp3]

[youtube o-Fpsw_yYPg].

Algo acontece no Concello de Amoeiro todos os solsticios de inverno e verán. Para comprender a cultura dos nosos antepasados non so cómpre escavar senón tamén ollar ao ceo. O Catedrático de Historia Antiga da USC Marco García Quintela dános as claves do primeiro aliñamento arqueoastronómico coñecido dun monumento megalítico en Galicia. Tamén conversamos con César González, investigador Ramón y Cajal do Instituto Astrofísico de Canarias.

1 de febreiro desde o Chan da Ferradura

Entrevista a Marco García Quintela 

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2011/12/entre-MARCO-QUINTELA-def.mp3]

[youtube IubWJIDcc5g].

Nos últimos 22 anos cincocentos galegos e galegas puideron estudar e investigar nos mellores centros do mundo grazas as bolsas de postgrado da Fundación Barrié. Preséntanoslas o director de educación da Fundación, Antonio Varela, e Ana J. Varela, secretaria da Asociación de Bolseiros Barrié.

Bolsas de postgrado da Fundación Barrié

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2011/12/micro-barrie-bolsas-postgraduado.mp3]

.

Enrique Orche nos estudios da RG en Vigo

Non é moi habitual que o coñecemento xerado nas nosas universidades se transfira en forma de cooperación cos países do Sur. Enrique Orche é Catedrático de Prospección Mineira da Escola Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo. Cóntanos cal é a situación da minaría artesanal en Sudamérica. Accidentes mortais como os de Chima (Bolivia) poden ser evitables co saber mineiro actual.

O deslizamiento do Cerro de Pucaloma arrasou un terzo da localidade de Chima (2003)

En Huancavelica (Perú) extraíase mercurio para amalgamar os minerais de prata que se producían en Potosí (Bolivia). Grazas á Cooperación Galega Orche puxo en marcha un proxecto de creación dunha piscigranxa en Huancavelica.

Huancavelica (Foto: E. Orche)

Orche tamén advirte que o Cerro Rico de Potosí tamén está en perigo. O mais importante que sae da mina é o mineiro.

Cerro Rico de Potosí (Foto: E. Orche)

Descargar entrevista a Enrique Orche

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2011/12/ENTRE-ENRIQUE-ORCHE-def.mp3]

 

Descargar programa completo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2011/12/Efer-191-24-12-11.mp3]