Efer 359 (12-6-16): O misterio do microscopio na lama

Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e considerado o microscopio histórico de maior valor. Así o contan en Nature.
O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek.

Actualmente a colección Pallas-Camacho exhíbese no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar orixinal de Micrographia de Robert Hook. A colección foi restaurada por Rafael San Marcial.

 

Contido extra: “Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Países Baixos”
Recuperamos a entrevista que lle fixemos no seu día ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén.

 

Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímico José Manuel López Nicolás “Scientia” visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás grazas ao seu blog de divulgación e ao “Señor dos Aneis”. E este foi o inicio dunha proveitosa colaboración científica no proxecto Dismetasin.

Non é habitual ver unha marca comercial nun artigo científico. Ismael Martínez cóntanos como recentemente publicaron que unha modificación na alimentación das vacas pensada para mellorar o seu perfil lipídico adicionalmente demostrouse que reduce a pegada de carbono do proceso produtivo nun 10%.

 

No “Circo de bacterias” de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como xenes fluorescentes de bacterias poden acabar en árbores ou para cifrar mensaxes.