#modogatodeSchrödinger IV: Microrelato

Seguimos en modo gato de Schrödinger. Esta semana repescamos un delicioso microrelato, “Lección de anatomía”,  gañador da V edición de Inspiraciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/Relato-JOse-de-la-sota.mp3]

Lección de anatomía

E non menos fascinante é a conversa que mantivemos co su autor José de la Sota

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/11/Entre-José-de-la-Sota.mp3]

Lección de anatomía e entrevista  a José de la Sota

Este fragmento pertence ao programa Efer 336 (11-7-15) que podes escoitar íntegro aquí.

Atopa os 5 erros deste microrelato e participa na Noite Efervescente

Este mircrorelato de Henrique Neira resultou finalista da edición 2013 de Inspiraciencia. Nel introducimos deliberadamente 5 erros. Es quen de atopalo? Escríbenos a efervesciencia(aquí vai a arroba)radiogalega.es coas túa respostas antes do 22 de maio.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/a-galleta-de-manoliño-def.mp3]

Descargar microrelato

Gañará quen atope mais erratas, no caso de empate farase un sorteo.

O premio é unha estadía dunha noite con almorzo para 6 persoas nun apartamento do albergue Os Biocos en San Xoán de Río (Ourense) para participar na festa da astronomía para todos Noite Efervescente o sábado 15 de xuño. Se queres participar no concurso e non desexas asistir á Noite Efervescente podes escoller como premio alternativo levar un libro de divulgación.

(En caso de que por causas meteorolóxicas se pospoña a Noite Efervescente se poderá gozar do premio noutra data anterior ao 15 de setembro de 2013, sempre que haxa dispoñibilidade no albergue. Nestas circunstancias os gañadores se lles ofrecerá desde o albergue dos Biocos unha sesión guiada de observación astronómica)