Nov
28
2016
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016.
Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista “Astronomía“, con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).
Na segunda parte do especial Prismas 2016 contamos co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC]
Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.
Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron “Aberrón” o seu libro “El ojo desnudo” para os oíntes de Efervesciencia.