Efer 358 (5-6-16): Sexodiversidade

 

O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero – Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación – a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas…

_SAMrew6720

… unha das cousas que poden pasar é que o macho empregue horas na cópula para limpar o esperma dos competidores. Precisamente a tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii serviu de inspiración para o relato “O ladrón de esperma” de Xavier Queipo, do que dramatizamos un pequeno fragmento.

 

Hai consenso en que este comportamento non se dá en humanos, malia que hai algún traballo científico que tratou de modelar literalmente esta posible circunstancia…

Sin-título-1

 

A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidades meteorolóxicas.

 

Avanzamos a vindeira “Regueifas de Ciencia” que vai ter lugar na Universidade de Santiago. Desta volta a pregunta do debate é “Débese cambiar o fuso horario en España?“. Defenden a posición favorable o economista José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e o político Francisco Jorquera (BNG), e están en contra os físicos Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (Universidade de Sevilla).

Efer 314 (8-2-15): Cambiamos o clima, ou mellor que o arranxen os nosos netos?

O paraíso prefíroo polo clima, o inferno polas compañas

Mark Twain

Trey Ratcliff (CC BY-NC-SA 2.0)

Xoán Taboada é un físico que sae nos medios día si e día tamén.  Desta volta invitamos ao coordinador de predición meteorolóxica de Meteogalicia a conversar de vagar sobre ríos atmosféricos, refráns do tempo (con Henrique Neira), extremos meteorolóxicos e cambio climático. ou equidade climática interxeracional. Todo un luxo para os nosos oíntes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Xoan-Taboada-def.mp3]

Entrevista  a  Xoán Taboada

.

Ciclo de formación do xacemento de Witwatersand. A etapa clave é a precipitación do ouro por acción das bacterias (Nature Geoscience)

Bacterias que converten o que tocan en ouro. O maior xacemento de ouro do mundo chegou a formarse grazas a acción de bacterias “mineiras” segundo un artigo de Nature Geoscience. Un novo capítulo do Circo de Bacterias de Esteban Fenández Moreira desde Quito (Ecuador).

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Circo-BACTERIAS-MINEIRAS-def.mp3]

Bacterias mineiras “Circo de Bacterias”

.

☰☵ Michele M. F. (CC BY-NC-SA 2.0)

Ten sentido a moda dos leites sen lactosa? Por que os iogures caseiros non teñen lactosa e si os comercias? Deborah García Bello, @dimetilsulfuro, a flamante gañadora do Bitácoras ao mellor blog de ciencia, nolo conta.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Deborah-leite-sen-lactosa-def.mp3]

Leites sen lectosa por Dimetilsulfuro

Non deixes de compartir, descargar, chiar, facebookear o noso programa. Aquí tes esta edición completa:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-314-8-2-15.mp3]

Efer 314 (8-2-15)

Efer 296 (5-10-14): Congreso internacional de Nubes

Un ceo sen nubes é un prado se flores, un mar sen velas

Henry David Thoreau

Foto de Juan A. Gallego, @JAGfoto, autor do "Atlas de nubes y meteoros"

“Estamos nunha palleira na Granxa Escola de Barreiros rodeados de nefelibatas, que é como se chama as persoas soñadoras que viven na nubes. Estamos rodeados de observadores de nubes e non temos idea do que vai a acontecer nos vindeiros 50 e poucos minutos de radio, pero de seguro que vai ser interesante porque é todo un luxo estar entre poetas, músicos, científicos, artistas e demais cazadores de nubes. Atopámonos no “II Congreso Internacional de Observadores de Nubes“…”

Para saber como continua vas ter que escoitar ou descargar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/Efer-296-5-10-14.mp3]

Descargar Efer 296 (5-10-14)

Foto de Miguel Rollán, @LaDobleErre

Para ver unha crónica fotográfica do congreso non te perdas esta recompilación de Fernando Fuentes en IbéricadeNubes.

Con @ponticela, @JAGfoto e @divulgameteo antes de dar o campanazo (esquerda arriba)

Logo inspirado nun debuxo de Athanasius Kircher