Efer 379 (8-1-17): Testemuñas climáticas

unnamed

Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio. No Lago Hambre da Patagonia estudou a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no Holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas.

Figure 2

 

As proteínas delatan ao anisake

Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.

 

Vera Rubin e a materia escura [Postal planetaria]

Postal Planetaria con Borja Tosar na que homenaxeamos á cosmóloga Vera Rubin que nos abriu os ollos ao 25% do universo conformado pola materia escura. Malia transcendencia do seu achado Vera non chegou a gañar o premio Nobel. Lisa Randall explicou os motivos no New York Times.

 

Ilustraciencia no MUNCYT

O MUNCYT da Coruña acolle ata finais de febreiro a exposición da cuarta edición de Illustraciencia, o premio internacional de ilustración científica. Conversamos co seu coordinador, Miquel Baidal.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.