Efer 373 (27-11-16): Encher un lago con matemáticas

 

Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do Grupo de Enxeñería Matemática da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos LoureiroInstituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur – e Santi Pontes – Mestre Lab

 

Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test

Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto “The Big Bell Test” os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.

 

Forest 112: Unha aplicación para salvar un bosque

O proxecto de ciencia cidadá “Forest 112” proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.