Efer 306 (14-12-14): Ciencia que Conta 2014

Se a vostede lle presentan a un científico, non lle pregunte polo que sabe, senón polo que el quere saber. A conversa resultaralles moito máis proveitosa ós dous

Stuart Firestein

O programa máis entrañable da tempada efervescente é sempre a retransmisión da gala de entrega dos sétimos premios Ciencia que Conta. Dá gusto ver as ganas que lle botan as rapazas e rapaces participantes por construír un relato de temática científica en galego. Na sede da Fundación Barrié acompañáronnos algúns dos 345 participantes no concurso. Tamén contamos cuns invitados de luxo: a investigadora do Inibic Joana Magalhaes, o creador dos Bolechas Pepe Carreiro, o director xeral da Fundación Barrié Javier López, o neurocientifico do CSIC Luis Martínez Otero e o mago Miguel Ángel Gea.

Ciencia que Conta é unha iniciativa fantástica do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. En breve os relatos finalistas verán luz nun libro.

Estas son as adaptacións radiofónicas íntegras que fixemos dos relatos gañadores:

Categoría de alumnado de Educación Primaria

“A maxia do meu avó” de Lucía Álvarez Puga do CEIP Escultor Acuña de Vigo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Prim-CQC14-directo.mp3|titles=Prim CQC14 directo]

Descarga audio

Categoría de alumnado de Educación Secundaria Obligatoria

“Os embrións non saben que é sábado” de Antía López Pazó do IES Alexandre Bóveda de Vigo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/SEC-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Categoría de Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP

“O descenso do ascensor paradoxal” de Álvaro González Leiro do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Bach-CQC-14-def.mp3|titles=Descargar relato bacharelato]

Descarga relato

Categoría de público en xeral

“Eu mais ela, as tres” de Mauela Campos Agrafojo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Xeral-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Velaquí tes o programa íntegro xa empaquetado para escoitar ou descargar:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Efer-306-14-12-14.mp3]

Efer 306 (14-12-14)

Foto de familia dos finalistas do CQC14

Pepe Carreiro (dereita) e o público

Miguel Ángel Gea e Luis Martínez Otero

Todas as fotos da entrada son de Paulino Pérez.

Arquivo histórico: María Wonenburger

En 2007 tivemos o honor de que a matemática María Josefa Wonenburger Planells se achegase aos nosos micros para contarnos a súa apaixoante vida.

A profesora de álxebra da UDC María José Souto Salorio vén de publicar unha reseña da traxectoria de María Wonenburger en mujeresconciencia.com, o novo proxecto da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU que convén non perder de vista.

Aproveitamos esta circunstancia para recuperar dos nosos arquivos sonoros a entrevista mais entrañable de Efervesciencia.

Entrevista a María Wonenburger

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/05/efer_programa_39.mp3]

Actualización 18-6-14: O 14 de xuño pasado finou María Wonenburger. Nunca esqueceremos o marabilloso trato que nos deu, mesmo nos abriu literalmente as portas da súa casa para preparar a entrevista que lle fixemos en 2007.