Set
25
2016
Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta en melodía identificativa (jingle) de Efervesciencia. Envía ata o 12 de outubro o teu tweet co hashtag #tuinguel e citando @efervesciencia, como por exemplo:
Bases do concurso de “Tuingels” de Efervesciencia: Tweet+jingle
- O obxecto do concurso é buscar letras para crear dous “jingles” (Peza vocal identificativa) para o programa Efervesciencia. Efervesciencia é un programa de divulgación científica que se emite na Radio Galega financiado pola FECYT e producido pola USC.
- Para participar cómpre enviar un chío (tweet) en galego co hashtag #tuinguel e texto do jingle que debe conter obrigatoriamente o nome do programa. Por exemplo: “#tuinguel @efervesciencia doses de ciencia sen contraindicacións”.
- O prazo de envío é ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Non hai restrición no número de chíos (tweets) que pode enviar cada participante.
- Un xurado composto polo director de Efervesciencia Manuel Vicente, o compositor Manuel Riveiro e o director do coro Encaixe Manuel Abraldes escollera os dous tuinguels gañadores. Valorarase a concisión, contundencia e orixinalidade das propostas e a identificación do programa coa cultura científica e valores da ciencia. Estes premios poderán quedar desertos.
- Os dous tuinguels gañadores serán musicados polo compositor Manuel Riveiro. O compositor poderá facer modificacións sobre o texto encamiñadas a unha mellor adecuación da música.
- Os jingles compostos por Manuel Riveiro coa letras dos gañadores do concurso serán interpretados e gravados polo coro “Encaixe” para o seu uso no programa de divulgación científica “Efervesciencia”. Os autores ceden dereito de adaptación, interpretación, gravación e execución dos seus textos ao programa Efervesciencia.
- Os gañadores do concurso recibirán como premio un lote de libros de divulgación científica. Entre todos os participantes sortearase unha estadía de fin de semana con almorzo incluído para dúas persoas na Casa de Turismo Rural “Casa da Igrexa”. Por outro lado o tuinguel mais retuiteado gañará un “Bono 20” para acceder aos Museos Científicos Coruñeses.
- Calquera aspecto non contemplado nesta normativa pode ser adoptado pola organización.