Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura

 

Non mires con receo o meu ensino ó veres que cos ollos non podemos descubrilos principios das cousas: non entanto, é preciso que confeses que hai corpos que os ollos non perciben (Lucrecio, visto en “El ojo desnudo”)

 

Datos xenómicos seguros?

Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.

 

Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda

Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos. O primeiro capítulo está aquí.

“El ojo desnudo” desde unha cámara escura

Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro “El ojo desnudo“. A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas que nos sirve para facer o concurso “Un libro, un autor, un lugar”. A solución está aquí.

Efer 315 (15-2-15): Viaxe ao fondo dos ollos

As cores dependen da luz que un ve

James Joyce

Efervesciencia é entidade colaboradora do IYL2015 en Galicia

.

Cando ollamos o fondo do ollo, a retina, estamos a ver a única parte do noso sistema nervioso que ten acceso directo ao exterior.  O investigador da USC Justo Arines deseña técnicas optométricas para poder ver con extrema nitidez no fondo do ollo. Algunhas destas tecnoloxías son semellantes as que teñen as cámaras mais modernas dos móbiles. Con Justo conversamos sobre Ciencias da Visión, láseres, lentes de contacto, depilación,… Tamén contamos con catedrático de Óptica da Universidade de Vigo Humberto Michinel que nos presenta as actividades e concursos do Ano Internacional da Luz en Galicia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Justo-Arines-def.mp3|titles=Entre Justo Arines def]

Entrevista Justo Arines con Humberto Michinel

.

.

Codealó son uns obradoiros didácticos de Educabarrié, a canle educativa da Fundación Barrié, para fomentar vocacións científico-técnicas a través da aprendizaxe da programación.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Micro-Barrie-Coedalo-def.mp3]

Educabarrié Codealó

.

A Wicho non se lle caen os aneis á hora de repasar a actualidade aeroespacial:

Wicherias febreiro 15

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Wicherias-febreiro-15-def.mp3|titles=Wicherias febreiro 15 def]

Representación artística dos aneis de J1407b (Ron Miller)

Velaquí o programa empaquetado completo listo para ser escoitado, compartido e descargado

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-315-15-2-15.mp3]

Efer 315 (15-2-15)