Efer 280 (5-4-14): Neptuno e os tsunamis

Hai 20 anos uns científicos visionarios esborrancharon nun pano de papel dun restaurante unha idea revolucionaria: Conectar os océanos a internet. Hoxe iso xa é unha realidade.

Kate Moran

[vimeo 68245101]

Todos estudamos que o 70% do noso planeta está cuberto por auga. Se queremos coñecer como funcionan os océanos e toda a vida que albergan non chega con coller un barco e sondar un único punto. O que cómpre é ter unha rede permanente de sensores e robots que monitoricen en tempo real todo o que ocorre no fondo do mar. E isto xa empeza a ser unha realidade con proxectos como os que se levan a cabo no instituto que dirixe Kate Moran, o Oceans Networks Canada ONC (1,2 e 3).

Tania Lado

Tania Lado estudou Enxeñería Oceánica na Universidade de Rhode Island grazas a unha bolsa Barrié. Logo de realizar o seu doutoramento nesta especialidade agora traballa no ONC implementando métodos de detección de tsunamis próximos á costa con observatorios como o Neptune, entre outros proxectos.

Desprazamento horario do tsunami do 1 de abril de 2014 xerado na costa chilena

O  ONC é unha institución de investigación sen ánimo de lucro e conta con abondosos recursos divulgativos para curiosos (cámaras en directo dos observatorios, aplicación para informar sobre basura nas praias e pode axudar a un esforzo global para identificar correntes mariñas, vídeo de cangrexos e  hidratos de gas, porcos mariños,…), profesoresinvestigadores,  alumnos,  videoxogadores

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/entre-tania-lado-def1.mp3]

Descarga a entrevista a Tania Lado

Wicho analiza para os oíntes de Efervesciencia dúas novas de actualidade: as posibles consecuencias indesexadas da crise da Ucraína na exploración espacial, e os elementos de seguemento dos voos comerciais que fallaron no caso do voo malaio MH370.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Wicherías-Ucrania-e-Avión-Malasia-5-4-14.mp3]

Descarga Wicherías  5-4-14

Sabes o que é unha esopía? Pois é un chío en Twitter no que a primeira palabra ten 3 caracteres, a segunda 1, a terceira 4, a cuarta 1, a quinta 5,… non che soa a pi? O segundo concurso de esopías está no Mateblog de Agapema. Educabarrié apoia un gran número de concursos para escolares e público xeral, como por exemplo 0s concursos do Mateblog ou o KiiCS.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/micro-barrie-concursos-def.mp3]

Descarga concursos Educabarrié

Se non houbese lúa perderíamos centos de belas cancións, cadros e poesías. Ademáis o mundo sería moi diferente, escoita senón unha nova postal planetaria de Borja Tosar.

E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/efer-280-5-4-14.mp3]

Descargar programa completo Efer 280 (5-4-14)