Nov
14
2017
Para o lingüista computacional Paulo Gamallo a capacidade de entender das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.
Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non
Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane –Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.
A que cheiran os mortos?
A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.
Banda deseñada e ciencia
Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.